Tempo libre? Pois repasa o teu inglés!

Publicado el

Pensando en que seguramte estes días tes máis tempo libre do habitual, cremos que é boa idea darche alternativas non só para que poidas entreterte, senón tamén para formarte. Canto tempo vai do teu último curso de inglés? Na EbiblioDaCoruna non só atoparás manuais para repasar ou iniciarte neste idioma (como os de Vaughan ou os da editorial Vértice), aos que podes acceder a través do menú «Aprender idiomas» > Inglés. Senón que para facercho máis ameno, incorporamos varios centos de títulos de literatura en inglés. Autoras e autores como Haruki Murakami, Isaac Asimov, Anne Perry, Cormac McCarthy, Danielle Steel, Paula Hawkins, Stephen Hawking ou Vladimir Nabokov están á túa disposición. Elixe a túa próxima lectura na EbiblioDaCoruna!

Categorizado como: Blog

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *