Sin tiempo para el adiós de Mercedes Monmany

Publicado el

Sin tiempo para el adiós

“Comienza la iniciación al exilio cuando comienza el abandono, el sentirse abandonado; lo que al refugiado no le sucede ni al desterrado tampoco. El refugiado se ve acogido más o menos amorosamente en un lugar donde se le hace hueco; donde, en el más hiriente de los casos se le tolera. El encontrarse en el destierro no hace sentir el exilio, sino ante todo la expulsión. Y luego, luego la insalvable distancia y la incierta presencia física del país perdido. Aquí empieza el exilio, el sentirse ya al borde del exilio. El exiliado es el devorado por la historia” Zambrano, María: Los bienaventurados

 

“Sin tiempo para el adiós” é o título da nova obra coa que Mercedes Monmany vólvenos a levar de cheo á literatura europea, nun percorrido de fronteiras, historia e sentimentos de perda.

Seguindo o rastro do camiño polo que nos levou da súa man “Polas fronteiras de Europa” e achegounos ao optimismo e a humanidade que brillaba na escuridade de Auschwitz (“Xa sabes que volverei”, Premio Internacional de Ensayo Caballero Bonald),  agora lévanos novamente de viaxe pola cultura europea do século XX. Unha mirada sobre a literatura do exilio, sobre o espírito ilustrado en tempos difíciles, en lugares alleos. Unha mirada que percorre biografías e obras como as de María Zambrano, Antonio Machado, Max Aub, Vladimir Nabókov, Norman Manea, Eva Hoffman, Yorgos Seferis, Stefan Zweig… un libro para perderse entre o exilio, a emigración, a historia e a boa literatura.

Porque Mercedes Monmany sabe que o  exiliado perde as súas raíces, a súa familia, as súas paisaxes, os seus lugares… pero nunca a súa cultura. A cultura dos exiliados é a súa forza, e así o defende: “Os totalitarismos non logran acabar coa cultura, co espírito creativo. No exilio non tiña por que deterse. Tratábase dun exército sen armas onde a palabra vivía na verdade. Era, como dirá Vaclav Havel anos máis tarde «o poder dos sen poder»”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *