Semana Internacional da Educación Artística

Publicado el

A semana do 25 ao 31 de maio, celebramos a semana Internacional da Educación Artística.

Nesta celebración, a Biblioteca Infantil e Xuvenil seleccionou algunhas das obras máis famosas dos artistas clave do movemento pictórico “As Vangardas”: Vicent Van Gogh, Katsushika Hokusai, Gustav Klimt, Joan Miró e Henri Rousseau.

Expoñemos un cadro de cada un deles, cunha breve explicación e a continuación os debuxos realizados polos nenos e nenas asitentes ao Taller de Pintura que organizamos na Biblioteca da man da artista Luisa Valdés. Toda unha mostra de cor e emoción.

Preme a continuación para ver os traballos: Semana Internacional da Educación Artística. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *