Segunda edición de Qué bello será vivir sin cultura

Publicado el

“El océano del libro electrónico y la lectura necesita urgentes cartas de navegación que eviten bajíos, escollos y engañosas ensenadas. Si propia configuración no lineal, arbórea, permanentemente inacabada, fragmentaria y multiforme, convergente en lenguajes y rabiosamente participativa, siendo en potencia de inmensa riqueza, puede llegar a constituir también el origen de no pocas adversidades, de no pocas carencias y pérdidas lamentables. Sentimos la atracción de esa biblioteca infinita que un día soñaran Bachelard y Borges, para ellos equivalente al propio paraíso…”

Molina, César Antonio: “¡Qué bello será vivir sin cultura!”

 

A principios do verán anunciabámosvos a publicación da nova obra de César Antonio Molina:  “¡Qué bello será vivir sin cultura!”. Hoxe, soamente tres meses despois, temos o gusto de anunciarvos que dentro de dous meses sairá a segunda edición e que tedes a primeira á vosa disposición coa signatura GAL/17801 (Sala 1).

O mundo dixital e as novas tecnoloxías están a facernos vivir un cambio de paradigma. Desde hai unas poucas décadas estamos sometidos a un punto de inflexión tecnolóxico que transforma múltiples aspectos da nosa vida cotiá. Pero, son todos estes cambios desexables?

Estamos máis informados que nunca, pero inmensamente rodeados de noticias falsas e posverdade. Non hai tempo á lectura sosegada, Internet esíxenos ler fragmentariamente, con présas, buscando unicamente o dato, lendo unicamente o titular. A información flúe como nunca antes na historia, nun espazo global e ilimitado, con todo, o seu valor estratéxico fai que  unha gran parte dos contidos de internet escondan intereses comerciais. O número de libros e escritores ha crecido exponencialmente, pero impúxose unha cultura de masas, de simple entretemento, que adoece de falta de profundidade.

César Antonio Molina móstranos, coa súa mestría e o seu tan persoal estilo literario, os escollos e perigos que teremos que sortear si non queremos chegar a perder a cultura como a coñecemos actualmente. Non o fará el só: polas súas páxinas atoparemos a Borges, Cavafis, Balzac, Miguel Ángel, Woody Allen, Diderot e D’Alembert… e percorreremos libros, séculos, bibliotecas e cidades nun paseo cultural que deixa un anhelo de rebeldía, un intenso desexo de insubordinación ante a inmediatez e a falta de reflexión e de pensamento sosegado que hoxe nos impoñen as novas tecnoloxías.

Categorizado como: Blog

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *