San Xoan: lume, auga e herbas

Publicado el

San Xoan: Lume, auga e herbas

 

O que xexúa no San Xoán
Ou é parvo ou non ten pan ( Refrán popular).

A festa de San Xoán é, con moito, a celebración máis importante do mes e, sen dúbida, una das máis importantes de todo o ano. Julio Caro Baroja escribía nese senso, na súa obra la Estación de Amor: “San Juan Bautista ha sido el santo que, por motivos que no están de todo claros, ha recibido un culto más intenso en todos los países cristianos de Europa, y su festividad, que coincide con el periodo del solsticio de verano, ha heredado una serie de prácticas, ritos y costumbres que –a lo que parece eran propias de una o varias festividades precristianas, extendidísimas en todos los países de habla indogermánica y aún en otras que nolo eran”.

A  Festa de San Xoán celébrase o día 24 de xuño, dando comezo a vésperas da mesma. A relación desta celebración con elementos coma o lume, a auga e as plantas foi dende fai moito tempo un motivo apaixoante de curiosidade e investigación para cantos se preocupan polo estudo do home, das súas crenzas e da cultura en xeral.  O elemento máis característico destas festas son as cacharelas de San Xoán. Na tarde  da véspera do día 24, os mozos e mozas de cada aldea de cada aldea e de cada barrio amontoan leña, toxo, xestas, piornos, nun lugar céntrico do pobo, se é posible nunha encrucillada de tránsito de persoas e animais. O máis importante de todo, contan na parroquia de Olveira (A Coruña),  é coller a cabeza dun animal e cravala na punta dun pau de loureiro ben alto, e amorear a leña da cacharela arredor.  Ao anoitecer, cando xa toda a xente do lugar se atopa arredor da cacharela, préndeselle lume, e todos corren arredor danzando e en canto se consume o suficiente, terminar saltando enriba das últimas chamas. Nalgún lugar, coma na parroquia de Toba (A Coruña), se di cando se salta:

“Salto por encima

del fuego de San Juan

Para que non me morda

Cadela nin can,

nin bicho vivente

Que ande polo chan”.

A cacharela non se debe apagar –din en Oliveira-ata que a cabeza do  animal se volva borralla. O día seguinte antes de saír o Sol, faise pasar o gando e ás persoas por enriba dos tizóns e a borralla, que quedaron  coma restos da mesma e  recitan o  conxuro.

Información extraída da obra «Anuario de tradicións Galegas» de Manuel Quintás, dispoñible na Biblioteca da Deputación da Coruña, coa signatura GAL/ 4747.

A auga é outro elemento fundamental, Xosé Manuel González Reboredo, no seu traballo A Festa de San Xoán, fai notar como en Galicia (GAL/4747) “aparecen cheas de carga simbólica as augas das fontes, dos ríos, o orballo, a auga do mar, e mesmo a das lagoas, pragadas estas últimas de relatos lexendarios” advertindo de seguida que “en xeral tódalas augas, agás as do mar, vencéllanse ó feminino, detectándose en moitas lendas galegas una asociación auga-serpe-muller-lúa que pode remontarse ata o Neolítico”. En xeral os chamados ritos da auga relacionanse coa Festa do día de San Xoán, a máis estimada é a chamada flor da auga especie de tona de auga das fontes, se cadra traída no pico por un paxariño, que só se pode recolller pola mañá do día de San Xoán cando o Sol, mesmo no momento de nacer, se reflecte nela. Ten, naturalmente, moitas virtudes e entre elas a de embelecela pel da muller se se lava con ela.

O orballo de San Xoán ten incluso maiores virtudes ca mesma flor da auga, facendo posible, por exemplo que calquera se poida facer nesa noite cun demiño  familiar só con poner un lenzo debaixo dun fento, podendo recollelo pola mañá cheo de demiños pequerrechos.

A auga de nove fontes ten poderes especiais se bebe na noite de San Xoán despoís das doce da noite.

A auga de nove ondas, sobre todo as da Praia da Lanzada, en Pontevedra, curan o meigallo pero, sobre todo, ten virtude de facer fértil a muller estéril.

O baño na auga de San Xoán , que tomarán  todos os da casa ó día seguinte, ten sobre todo un valor preventivo contra toda clase de males, especialmente contra as bruxas.

Na tarde e noite da véspera de San Xoán recóllese as herbas de San Xoán recóllense as herbas de San Xóan –Vicente Risco dá una lista de ata 22 clases.

Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malvarosa, hortensia,folla de viña blanca e outras. Déixanse fora pola noite, ó sereo, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel.

Tamén hai quen lle votaba chavos- lémbrese o conxuro o exconxuro recollido en Vimianzo, que recitaba na cerimonia da Bendición e Afumadura das leiras- e para curar inchazóns de orixe descoñecida. Se, por exemplo, lle pica a alguén un bicho velenoso ten que poñer a arder as herbas secas de San Xoán e afumar co seu fume o sitio onde recibiu a picadura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *