Retrincos. Un ollo de vidro: novo libro de lectura no EbibliodaCorunaClub

Publicado el

Dende hoxe e ata o 18 de decembro estaremos lendo o libro «Retrincos. Un ollo de vidro» de Castelao, no club «Arredor dos libros» 

Varios dos relatos que fan de Castelao un mestre da prosa galega moderna atópanse nestes Retrincos, anacos autobiográficos convertidos en contos tan sinxelos como ben construídos. A noveliña Un ollo de vidro foi o primeiro traballo de ficción narrativa publicado polo autor, e achégase a unha sorte de expresionismo arraigado no popular.

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

 

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *