Resultado do Sorteo «Estou lendo…»

Publicado el

A semana pasada, no marco das celebracións do Día do Libro, puxemos en marcha un sorteo para coñecer que libro estabades lendo nestes días e que vos está gustando, e recomendariades a outras persoas lectoras. O sorteo estivo en marcha toda a semana do luns 19 ao venres 23, e podíase participar tanto fisicamente na Biblioteca como a través das redes sociais.

Entre o máis dun cento de participantes sumando as diversas categorías, realizamos onte os sorteos, co seguinte resultado de premiados:

 

  • Para a mocidade da Biblioteca Infantil e Xuvenil: carné 53073 co libro «Las aventuras del rey Arturo» de Gerónimo Stilton, dispoñible na Sala Infantil e Xuvenil coa sinatura: N STI gra / v

 

  • Para as persoas adultas da Biblioteca: carné 33739 co libro «Yo-yo y yo-el» de Salvador de Madariaga, dispoñibe na Biblioteca coa sinatura: 3A/175

 

  • Para as persoas que participaron a través das redes sociais: Angeles LS a través do Facebook, co libro «Científico en España : guía de supervivencia»

 

 

Parabéns ás persoas afortunadas, poñerémonos en contacto con elas para entregarlles o seu agasallo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *