Queres ir ó Forum Gastronómico Coruña 2017?

Publicado el

 

Dende a Biblioteca Provincial da Coruña @bibliodacoruna sorteamos entre os nosos seguidores 6 entradas individuais para participar no Forum Gastronómico Coruña’17 que terá lugar en ExpoCoruña entre o 12 e o 14 de marzo do 2017

E se foses ti no noso lugar para ser a  nosa vista, o noso olfacto e sobre todo o noso gusto neste evento?

Para participar só debes enviar un tweet a @bibliodacoruna co hashtag  #reporteirobd.

Temos 6 invitacións  para os tuiteros máis rápidos*!

Unha vez alí, cóntanos a través de twitter as frases máis impactantes dos relatores, os pratos máis sorprendentes dos expositores, comparte a foto co teu chef favorito, e dános a túa opinión en @bibliodacoruna usando o hagstag #reporteirobd

* O concurso ten lugar o venres 10 de marzo dás 11:00 dá mañá ás 20:00 da tarde. As 6 primeiras persoas que tuiteen co hastag #reporteirobd serán os que consigan esas entradas. É unha entrada por usuario.

** As entradas serán enviadas ó voso correo electrónico.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *