Mostra bibliográfica «70 anos de rock»

Publicado el

A exposición 70 anos de rock, un repaso pola historia deste xénero musical dende o nacemento do rock’n’roll alá polos anos 40 do pasado século ata hoxe en día. O heavy metal, o rock alternativo e, por suposto, os principais rockeiros españois, danse cita nas vitrinas da entrada da nosa Biblioteca; mentres que as guías explicativas dispoñibles no mostrador de Información Bibliográfica cóntannos de onde vén e a onde vai o universo do rock.

Na guía descubriremos as raíces sociais e musicais do rock’n’roll e os xéneros que a partir del xurdiron: o endurecemento do hard rock, os novos sons do rock alternativo, a filosofía do punk, que fai aos artistas de glam rock tan especiais… Sen esquecernos de botar unha ollada á evolución da música rock española comezando polos primeiros grupos como Los Brincos ata a rumba rock de Estopa na actualidade; sempre recordando as bandas máis importantes de Galicia.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *