Premios Follas Novas 2021

Publicado el

Este pasado sábado entregáronse os premios Follas Novas do Libro Galego, uns premios que acadaron este ano a sexta edición na que estrearon nova denominación. Os premios están organizados pola Federación de Librarías de Galicia, a Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editoras.

Esta edición estivo patrocinada polo Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, Cultura da Deputación da Coruña e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).

De entre a listaxe de gañadoras, algunhas delas témolas dispoñibles na Biblioteca e na EbiblioDaCoruna para levar en préstamo, listámolas destacadas a continuación.

 

 

Ensaio e Investigación
Irmandiñas (Edicións Laiovento). Aurora Marco

Por ser un traballo de recuperación, de posta en valor do traballo das mulleres e a súa aportación achega a historia de Galicia e da aportación que realizaron á defensa da liberdade.

Dispoñible na Biblioteca coa sinatura: GAL/17538 (Sala 1)

 

Divulgación
Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño

Pola relevancia e necesidade da divulgación da ciencia en galego, polo achegamento dos argumentos científicos a un público xeral dun xeito, didáctico, claro e preciso.

 

Narrativa
Un señor elegante (Edicións Xerais de Galicia), Suso de Toro

Un traballo de reconstrución da memoria galega dunha parte do século XX que utiliza a de maneira innovadora a combinación de voces narradoras distintas para facer avanzar o xénero biográfico.

Dispoñible na Biblioteca coa sinatura: GAL/17653 (Sala 1) e na EbiblioDaCoruna

 

Infantil
Mar de Mazá (Editorial Galaxia) Elvira Riveiro

Polo discurso lírico envolvente, a suxestiva creación de imaxes, o xogo de imaxinarios e traballando sobre un argumento mantendo a atención e o respecto sobre el.

Dispoñible na Bebeteca coa sinatura: P RIB mar / r
Xuvenil
O mal querer (Baía Edicións), Natalia Carou

Unha novela que achega actualidade á literatura, contada de xeito áxil, con argumentos tomados da realidade para aproximala a unha franxa de idade na que é preciso abrir debates.

 

Libro ilustrado
Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora) Rita Gutiérrez (Ilus)

Un libro para achegar anacos extraordinarios e pouco coñecidos da historia de Galicia dun xeito moi atractivo e con espírito divulgador para todos os públicos e cunha ilustración rica, variada e moi elegante

 

Banda Deseñada
O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia). Pablo Prado

Un traballo maduro para un autor novo, no que utiliza recursos moi diversos da narrativa gráfica e con moitos xogos cromáticos.

Versión narrativa dispoñible na Biblioteca coa sinatura: GAL/2422 e na EbiblioDaCoruna

 

Iniciativa Bibliográfica
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia). Eva Mejuto/Bea Gregores (Ilus)

Pola novidade que supón achegar a memoria histórica á infancia, recuperando referentes perdidos e por medio de relatos construídos dende o cotián, nos que os protagonistas son rapaces e rapazas.

 

Tradución
A nosa negra (Hugin e Munin), Harriet E. Wilson, tradución de María Reimóndez

Achega á lingua galega un libro fundamental da revisión histórica a través da literatura, introducindo a historia contada desde as persoas subalternas.

 

Poesía
A Desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní

Un libro que ofrece unha grande cantidade de lecturas e que , entre outras, pode lerse como unha reacción contra a sociedade do espectáculo. Mantendo a tensión entre a tradición e a modernidade poética.

 

Teatro
Só un home bo (Edicións Positivas), Raúl Dans

Unha obra dura, contada dun xeito trepidante, na que se aprecia o coñecemento do teatro do autor e das maneiras de contar unha historia desde a escena.

 

Libro mellor editado
Nós Outras, (Chan da Pólvora) Marica Campo e Menchu Lamas

Unha edición case artesanal na que todas as pezas da edición encaixan para conseguir un volume con identidade única. Que une con exquisitez voz da poesía e as imaxes. Combinando literatura infantil con arte contemporánea.

 

Iniciativa fomento da lectura
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Unha iniciativa con máis de vinte anos de existencia, que foi evolucionando para adaptarse aos tempos sen perder os seus obxectivos: o fomento da lectura, levar á mocidade a un espazo de libros e chegar a internacionalizacións do evento.

 

Proxecto literario en rede
Galicia encantada, coordinada por Antonio Reigosa

Unha proxecto cunha traxectoria sostida durante moitos anos con recursos limitado pero que fornece de material dos imaxinarios galegos a toda a sociedad, ofrecendo divulgación e información.

Dispoñible na EbiblioDaCoruna; tamén dispoñible «Guía de campo da Galicia encantada» tanto na EbiblioDaCoruna como na Biblioteca coa sinatura: GAL/17639 (Sala 1)

 

Xornalismo Cultural
Montse Dopico
Por un traballo exhaustivo e profundo arredor do mundo cultural, polo rigor con que trata os argumentos e pola profundidade das súas entrevistas.

 

Na sección de Premios de honra, estes foron para:

Premio da Asociación de Librarías de Galicia: Manuel Arenas
Escritor Galego Universal: José Luandino Vieira
Premio da Asociación Galega de Editoras: Xulio Amigo

 

 

Finalistas non galardoados

Ensaio e investigación
– Nós xs inadaptadxs. Representações, desejos e historias LGTBIQ na Galiza (Através Editora), VV. AA. Daniel Amarelo (coord.).
– Zona a Defender (Edicións Xerais de Galicia), Manuel Rivas. Dispoñible na Biblioteca coa sinatura: GAL/17644 e na EbiblioDaCoruna

Divulgación
– Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), Henrique Alvarellos. Dispoñible na Biblioteca coa sinatura: GAL/17587 (Sala 1)
– Guía definitiva dos peixes da Galiza (Soriaourensana de Libros), Pancho Lapeña e Nacho Munilla.

Narrativa
– Entre donas (Baía Edicións), varias autoras.
– Para toda a vida (Aira Editorial), Eva Moreda.

Infantil
– Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas.
– O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Dispoñible na Bebeteca coa sinatura: N DOC pin / r

Xuvenil
– A nena do vestido de flores (Aira Editorial), Manuel Fontemoura.
– O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Dispoñible na Bebeteca coa sinatura: N DOC pin / r

Libro ilustrado
– A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.).
– Extra! (Kalandraka Editora), Paco Nogueiras e Marc Taeger (ilus.).

Banda deseñada
– Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), Xosé Alfeirán e Xosé Tomás.

Iniciativa bibliográfica
– Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Cerne), Domingo Fontán.
– Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia), Miguel Anxo Seixas Seoane. Polo momento, dispoñible o Tomo I coa sinatura: GAL/17299.

Tradución
– Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por Miro Villar. Dispoñible na Biblioteca coa sinatura: GAL/17675
– Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa, Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez Martínez.

Poesía
– A ganancia e a perda (Kalandraka Editora), de Martín Veiga.
– Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado. Dispoñible na EbiblioDaCoruna

Teatro
– Melancoholemia (Kalandraka Editora), Antón Reixa.
– O charco de Ulises (Edicións Positivas-Xunta de Galicia), Santiago Cortegoso.

Libro mellor editado
– O bolero de Ravel (Kalandraka Editora), José Antonio Abad e Federico Delicado (ilus.).
O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Dispoñible na Bebeteca coa sinatura: N DOC pin / r

 

PREMIOS A TRAXECTORIAS

Iniciativa cultural ou fomento da lectura
– Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz.
– Poetas Di(n)versos.

Proxecto literario na rede
– Nee Barros. Canle de Youtube de promoción de libros en galego.
– O bosque dos cromosomas, de Olga Novo.

Xornalismo cultural
– Ramón Nicolás.
– Ramón Rozas.

 

Tamén podes ver os libros galardoados na gala de 2020 premendo aquí.

 

Información e fotografía: web da Asociación Galega de Editoras e Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *