«Papeles de Son Armadans» de Cela e Caballero Bonald

Publicado el

Papeles de Son Armadans foi unha revista cultural mensual dirixida por Camilo José Cela, publicada entre os anos 1956 e 1979.

O título da revista débese ao barrio de Mallorca no que nese momento vivía Cela, na rúa do Bosque. E sería en Palma de Mallorca onde se imprimiron todos os números, salvo algúns dos anos 70 en Madrid.

Como curiosidade, a revista ten o mérito de ter publicado artigos e contribucións noutras linguas vernáculas de España diferentes ao castelán. Pola parte galega, conseguiron que colaboraran nomes como Celso Emilio Ferreiro, Manuel María ou Uxío Novoneyra.

Ademais, recollía tamén artigos de autores no exilio. Nomes como Rafael Alberti, Dámaso Alonso, Gregorio Marañón, Luis Cernuda, Max Aub ou Rafael Sánchez Ferlosio figuran como autores habituais.

Pois ben, José Manuel Caballero Bonald, finado este domingo, foi o subdirector desta revista durante os seus primeiros anos, e actúa tamén como axente da mesma en Madrid. As dúas circunstancias mencionadas anteriormente (o feito de que inclúan nomes moi recoñecidos grazas aos contactos de ambos, e tamén tódalas literaturas da Península), fai que a revista logo sea un éxito, e convértese na principal referencia intelectual dos anos 50 e 60 en España. Ambos conseguiron o que pretendían, facer unha revista que fose referente, a imaxe de Revista de Occidente de Ortega y Gasset. Alcanzaron a publicar o exitoso número de 276 títulos.

Para desempregar o seu labor, Caballero Bonald trasladouse a Palma en marzo 1956, e ao redor desta influencia literaria, da tertulia no Café Riscal en torno a Llorenç Villalonga, e no entorno da imprenta artesanal de Mossén Alcover onde se imprimía a revista, formouse o núcleo colaborador habitual da revista. O propio Llorenç Villalonga introduciríalle a Caballero Bonald a Josep Maria Llompart, sendo xerente da revista e anos máis tarde substituíndoo nas súas funcións.

O primeiro número saíu en abril de 1956, e xa contou con unha chamativa relación de nomes coñecidos que predecía o éxito posterior da revista (tanto éxito tivo que en xullo tiveron que sacar outra tirada dese primeiro número): Dámaso Alonso, Carles Riba, Gregorio Marañón, Sánchez Ferlosio, José María Castellet, etc. Neste primeiro número Caballero Bonald escribiu unha nota sobre a poesía de Blas de Otero, que acababa de publicar «Pido la paz y la palabra».

Aínda que o nome de Cela abría moitas portas, foi imprescindible a actuación de Caballero Bonald neste eido. Él era o que planificaba os números, buscaba as colaboracións, establecía seccións bastante fixas da revista («El taller de los razonamientos» de ensaio ou pensamento, «El hondero» de poesía, «Plazuela del Conde Lucanor» de narrativa, «Corral de comediantes» de dramaturxia, «Tribunal del viento» de crítica, etc.). Ademáis completábao con unha coidadosa selección actualizada de bibliografía.

Notas distintivas da revista foron introducir a poetas mozos, recuperar a xeración de poetas do 27, a publicación de números monográficos especialmente nos primeiros anos.

Nos últimos anos da revista, a relación entre director e subdirector deteriórase. A megalomanía de Cela invade tamén a xestión da revista e a amizade entre ambos, polo que o poeta resístese a voltar a Palma e ademáis espacia cada vez máis a correspondencia con Cela. Este repréndelle nalgunha carta que se distancie da revista da que é editor, e que se centre máis no «Reader’s Digest» no que comezara a traballar. Caballero volta a Palma no verán do 58 para arranxar os vindeiros números, pero a última colaboración será no número aparecido en decembro dese ano. Non volveu aparecer na revista ata o número monográfico dedicado a Blas de Otero en 1977.

Na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dispoñemos dos seguintes números en papel para consulta: n. 33 (1958); n. 45 (1959); n. 88 (1963); n. 97-100, 102-105 (1964); n. 113-114, 116 (1965); n. 118-121, 125-129 (1966); n. 131 (1967).

Ademáis, dispoñemos da colección completa para consulta en arquivo electrónico: do n. 1 (abril 1956) ao n. 276 (marzo 1979).

Na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, no Arquivo Fundación Pública Miguel de Cervantes, recollen a lista enteira de autores que colaboraron nos números editados. Máis de mil autores listados alfabéticamente, cos traballos cos que cada un contribuíu, enlazados coas cubertas da revista. Na mesma páxina poden ser consultadas todas as cubertas publicadas. Accede premendo aquí.

Fonte para esta entrada, e máis información sobre a relación de Caballero Bonald con Papeles de Son Armadans no artigo de Julio Neira «Camilo José Cela, Caballero Bonald y los inicios de Papeles de Son Armadans (1956-1958)», en Prosemas 2(2):133, febreiro de 2017: premendo aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *