Obradoiros de plastilina

Publicado el

Aquí vos deixamos un recordatorio con todos os Obradoiros de Plastilina que fixemos esta tempada, para que poidades seguir gozando, practicando, moldeando,… plastilineando!!!

Recordade que nesta ocasión foron en liña.

E, xa non vos facemos esperar máis. Están ordenados segundo fómosvolos propoñendo. O que aparece a continuación foi o último da tempada e continúan por orde ata o primeiro que vos propuxemos alá polo 5 de marzo.

 

Obradoiro de plastilina: Megatronca

 

 AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Megatronca!!! Unha súper heroína que emprega os seus superpoderes para protexer a natureza!!

Ides a precisar plastilina verde, branco, negro, vermello, marrón, lila e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades axudar a Megatronca a protexer a natureza ao ritmo da música de A Gramola Gominola!!!!

 

Obradoiro de plastilina: O «Capitán Calzoncillos»

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… «Capitán Calzoncillos»!!! Coñecedes a un heroe mellor?

Ides a precisar plastilina branco, negro, carne, vermello e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler as súas aventuras. Encantaravos!!!!

 

Obradoiro de plastilina : A ovelliña que veu cear

 

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… a ovelliña que veu cear!!! Pero… petou na porta do lobo… Conseguirá a ovelliña cear ou será ela a cea?!!

Ides a precisar plastilina verde claro, branco, negro, carne, laranxa, vermello, rosa e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler o conto. Encantaravos!!!!

Obradoiro de plastilina : Xela Arias

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Xela Arias!!! Que, coma todas e todos sabedes foi a Homenaxeada no Días das Letras Galegas 2021.

Ides a precisar plastilina branco, negro, carne, vermello, marrón e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler algún dos seus libros!!!!

 

Obradoiro de plastilina : Batman

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Batman!!! Por suposto con máscara… A súa identidade secreta seguirá a salvo…

Ides a precisar plastilina branco, negro, carne, amarelo e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades que para ser un auténtico superheroe hai que ler moitos libros!!!!

Obradoiro de plastilina : Harry Potter

 

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Harry Potter!!! Si, claro. Con variña máxica incluída. Sabedes xa que feitizos ides facer?

Ides a precisar plastilina branco, negro, carne, amarelo, vermello, azul e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler o libro!!!!

Obradoiro de plastilina : Pinocho

 AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Pinocho!!! Lembrades o que lle pasaba ao seu nariz? Que tamaño lle ides a poñer?

Ides a precisar plastilina branco, negro, carne, vermello, marrón, azul, amarelo e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler o conto!!!!

Obradoiro de plastilina : A que sabe a lúa?

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… o ratiño que quixo probar a que sabe a lúa!!! E ti? Probáchela xa? A que sabe?

Ides a precisar plastilina branco, negro, rosa e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler o conto!!!!

Obradoiro de plastilina : Naturizo

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Naturizo!!! un ourizo cacho que vive, xunto cos seus amigos, na Serra de San Mamede, en pleno Macizo central ourensán.
Podes seguir a ligazón para saber máis https://naturizo.es/index.php/ola-son-naturizo/

Ides a precisar plastilina branco, negro, carne, marrón e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler o conto!!!!

Obradoiro de plastilina : A mellor sopa do mundo

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… a tartaruga do conto «A mellor sopa do mundo»!!!!

Ides a precisar plastilina verde claro, verde oscuro, branco, negro, laranxa, amarelo e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Ahhh! E non vos esquezades de ler o conto!!!!

Obradoiro de plastilina : Ramona Órbita

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Ramona Órbita!!!!

Que non sabedes quen é?  Pois Ramona Órbita, a dona do tempo, de Pakolas, é unha súper muller labrega da Serra do Courel, xefa na horta e boa coa tecnoloxía, ecoloxista e inventora, posuidora dunha horta cibernética de patacas automáticas, e dona dunha incrible máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

Ides a precisar plastilina verde, branco, negro, carne, marrón, amarelo, rosa e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedou.

Collede a plastilina e… ao choio!!!!

Obradoiro de plastilina : Os tres porquiños

AQUÍ vos deixamos o video co obradoiro de… Os tres porquiños!!!!

Ides a precisar plastilina branco, negro, rosa, azul, marrón e escarvadentes ou paus finos.

Mandádenos fotos que queremos ver o ben que vos quedaron.

Así que… artistas preparados… collede a plastilina e… ao choio!!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *