Obradoiro de Nadal

Publicado el

Chega o Nadal, e propoñémosvos un obradoiro especial para estas datas, para nenos e nenas de 7 a 12 anos.

Data: venres 17 de decembro

En horario de 18:00 a 20:00 h na Sala Manuel López (semisoto).

Apúntate chamando ao 981 080 171 a partir do luns 13 de decembro (horario: mañás de 10.30 a 13.30 h – Tardes de 17.00 a 20.15 h )

 

NORMAS DE INSCRICIÓN (Ler con atención)

  • Poden inscribirse socios/as co carné vixente, polo que se debe comprobar días antes na Biblioteca a vixencia do carné.
  • A inscrición será chamando ao 981 080 171 a partir do luns 13 de decembro (horario: mañás de 10.30 a 13.30 h –Tardes de 17.00 a 20.15 h ).
  • Só se pode apuntar un neno ou nena, agás irmáns.
  • Rógase puntualidade.

*A biblioteca levará a cabo todas as medidas sanitarias de obrigado cumprimento, fronte á crise sanitaria do virus SARS- CoV-2. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria.

*O uso de máscara é obrigatorio durante toda a actividade.

Programa completo da actividade: Programa Obradoiro de Nadal 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *