Obradoiro de Impresión en 3D e Obradoiro de Programación con scratch

Publicado el

OBRADOIRO DE DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D

Os participantes realizarán o proceso completo de deseño dun produto, ata a súa fabricación mediante técnicas de escaneado e impresión 3D.

Para: nen@s de 9 a 12 anos
DÍAS: Venres 19 e 26 de Xaneiro e 2 de Febreiro
HORARIO: de 18:00 a 20:00 h

 OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN CON SCRATCH

Impartiranse unha serie de coñecementos e destrezas en relación coa robótica e a programación que capacitarán aos participantes tanto na construción e manexo de robots, coma na creación de proxectos tecnolóxicos que vinculen a creatividade e a programación.

Para: nen@s a partir de 7 anos
DÍAS: os sábados  DURACIÓN: do 20 Xaneiro ao 10 de Marzo
HORARIO: de 11:00 a 13:30 h

RESERVA DE PRAZA
Poden reservar praza todos os socios acudindo a Biblioteca Infantil e Xuvenil o día 15 de Xaneiro ás 10:30 h. 
Para apuntar por teléfono (981 080171) a partir das 11:30 h se quedan prazas dispoñibles.
Reservarase unha praza por neno (agás irmáns). Terán preferencia os socios co Bonolibro rematado.
As actividades son gratuitas.

Toda a info en: https://es.slideshare.net/Bibliotecadicoruna/programaactividadesnenos2017-18

Programa nenos 17- 18

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *