O Samaín na Biblioteca Provincial

Publicado el

Pantasmas, pesadelos, monstros, cazazombis, vampiros, infernos, tumbas… pero quén dixo medo?

O Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.

Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco do samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros.

Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outro- mundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores para render contas inacabadas.

Na sección de Adultos podes encontrar unha selección de lecturas terroríficas

 

Na fonoteca as películas máis arrepiantes!

 

 

Obradoiro terrorífico para os máis pequenos

Mércores 31 de Outubro entre ás 18:00 e ás 20:00 h.

Para todas as idades

Entrada libre  

Vestíbulo da biblioteca

 

 

Na sección Infantil e Xuvenil

 

Guía de lectura por idades: Guía Samaín Infantil e xuvenil Biblioteca Provincial A Coruna

 

Na #EbiblioDacoruna 

Se queres ler algo arrepiante e non podes achegarte á biblioteca, na plataforma de préstamo electrónico poder tomar en préstamo as lecturas máis terroríficas!

 

Que disfrutedes deste SAMAÍN!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *