O Premio Goncourt

Publicado el

Hoxe 26 de maio conmemoramos o nacemento en 1822 de Edmond de Goncourt, recoñecido escritor francés que cultivou un estilo encadrable no realismo e na corrente naturalista. Pero non só escribeu novela, senón que tamén se dedicou á Historia, á crítica e á Arte. Xunto co seu irmán Jules, é autor dunha prolífica produción, aínda que a súa obra máis coñecida sexa o «Diario», unha testemuña crucial da vida privada e literaria na Francia do século XIX.

Á súa morte, e na memoria do seu irmán, Edmond fundou no seu testamento o Premio Goncourt, o premio literario máis prestixioso de Francia. Outorgouse por vez primeira en 1903, e desde entón anualmente distingue á novela máis relevante dese ano en Francia. Como curiosidade, o galardón económico é simbólico, de tan só 10 euros. Sen embargo, o prestixio de facerse con este recoñecemento asegura a quen o gaña o éxito de vendas da súa novela. Algúns os galardoados na historia deste Premio foron Marcel Proust, Simone de Beauvoir, Patrick Modiano ou Marguerite Duras.

De entre estes galardoados, deixámosche unha selección dos máis recentes galardoados, que podes ler na EbiblioDaCoruna:

 

Sus hijos después de ellos / Nicolas Mathieu

El orden del día / Éric Vuillard

Brújula/ Mathias Énard

Nos vemos alla arriba / Pierre Lemaitre

El mapa y el territorio / Michel Houellebecq

Pas pleurer / Lydie Salvayre

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *