Nova lectura no club dixital: Denuncia do equilibrio

Publicado el

Dende hoxe, 10 de maio,  podes unirte á lectura da obra «Denuncia do equilibrio» de Xela Arias, no club «Arredor dos libros».

Desde o propio club de lectura dixital  podes tomar en préstamo o libro  e comentar, citar ou chatear co resto de participantes

«Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor. Este primeiro libro de poemas de Xela Arias dá conta do arrebato dunha voz nova, independente, radicalmente propia, que se pon en marcha cunha enorme forza simbólica. Como di a poeta Olga Novo no limiar en «Denuncia do equilibrio» está «a altura, o precipicio, a conmoción».

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ).

Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *