Programa Libros a súa medida

A Biblioteca Provincial da Coruña conta co Programa de Promoción da Lectura «Libros á súa medida», co que pretende colaborar cos centros educativos na consecución dunha percepción positiva e posterior afianzamento da lectura por parte da infancia e da xuventude.

No documento que achegamos explícase con máis detalle en que consiste o devandito programa e como participar nel.

Ante calquera dúbida chamar, en horario de mañá, ao teléfono 981 080 174 ou mediante correo electrónico: biblioteca.bebeteca@dacoruna.gal