Mostra polo Festival Viñetas dende o Atlantico

Publicado el

Como todos os veráns, aproveitamos a celebración na nosa cidade do Festival Viñetas dende o Atlántico (Tendes máis información no enderezo web: Viñetas desde o Atlántico) para contaxiarmos do espíritu da novena arte e adicar un espazo á banda deseñada.

No noso recuncho ides atopar obras de Enma Ríos, David Rubín, Miguelanxo Prado, Jano, Xaquín Marín, Fausto Isorna, Fran Jaraba, Alex Cal, José Domingo, ou Martín Romero e tamén moitas das obras galardoadas co Premio Nacional del Cómic. Ademáis nesta edición pasarán polo Festival, entroutros, Kiko da Silva, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Javi Rey, Dave Mckean y Enrique Sánchez Abulí que tamén son quen de ter representación no noso espazo.

Sirva esta guía de acompañamento á nosa pequena mostra. Disfrutádea!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *