Mostra bibliográfica «Viaxeiros ao tren. 50 aventuras sobre raís»

Publicado el

O tren e o cine son dous poderosos medios de comunicación e isto convérteos nos grandes educadores que ampliaron e enriqueceron os nosos horizontes culturais dende finais do século XIX. No verán de 1895 os irmáns Lumiere, Louis e Augusto tiñan a punto un novo invento: o cinematógrafo, máquina capaz de filmar e proxectar imaxes en movemento.
Todo empezou cando Louis levou a súa cámara á plataforma dunha estación, para impresionar un rolo de película coa chegada do tren que viña de Marsella. O que captou foi a chegada do tren a estación e os viaxeiros baixando e subindo dos vagóns e camiñando pola plataforma.


A primeira proxección pública tivo lugar en decembro dese mesmo ano. Cóntase que ao comezar a proxección da película, algunas persoas puxéronse de pé aterradas crendo que a locomotora lles viña enriba. A partir dese momento, os trens non deixaron de circular polas pantallas de todo mundo. Persoas que se apaixonaban coas posibilidades do novo artefacto, conseguían unha cámara fabricábana eles mesmos, e inspirábanse nos motivos que vían nas proxeccións das películas dos irmáns Lumiere. Así, cineastas como Georges Méliès ou Edwin S. Porter, conseguiron abrir horizontes, desenvolver novas técnicas e inventar novas formas de expresión que ían sentar as bases do chamado arte do s. XX.

 

 

Temas

A relación dos temas abordados nas películas da exposición inclue case todo o abano de xéneros que se trataron no cinema.

Documentais: deixando constancia duns feitos, lugares ou acontecementos para conservar a memoria deles e informar ao espectador:
Carrilanos, os túneles dun tempo (2005)

Construcción dunha via férrea:
Unión Pacífico (1939)

Viaxes:
O Expreso de Chicago (1976)

Asaltos:
Dous homes e un destino (1969)

Espías e axentes secretos:

Alarma no expreso (1938)

Rescates:
O Maquinista da Xeneral (1926)

Asasinatos:
O Tren do terror (1980)

Virus:
A Ponte de Cassandra (1976)

Guerras:
Reds (1981)

Western:
O Tren das 3.10 (2007)

Estacións como lugar de reunión:
Yo, Cristina F. (1981)

Nesta guía titulada Viaxeiros ao tren presentámosvos 50 aventuras sobre raís, dispoñibles na sala Fonoteca e na sala Infantil -Xuvenil da Biblioteca.
Desfrutade!!

Guía de lectura da mostra: Viaxeiros ao tren. 50 aventuras sobre raís. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Visitable no vestíbulo da Biblioteca en horario de apertura da mesma: de luns a venres de 8:30 a 20:30 h, e sábados de 9:00 a 14:00 h.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *