Mostra bibliográfica «Miguel González Garcés. Centenario»

Publicado el
MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS
(A Coruña, 12 xaneiro 1916 – 12 decembro 1989)

Escritor, xornalista, docente, e sobre todo, poeta. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario por oposición do corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, obtén o número un da súa oposición. Destinado inicialmente en Madrid, ao ano seguinte pediu o traslado á Coruña, pasando a dirixir a Biblioteca Pública do Estado, á fronte da cal permaneceu durante 40 anos (1943-1984), ao mesmo tempo que dirixía o Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas. En palabras de Laura González-Garcés “foi adiantado ao seu tempo, intentando ao longo da súa vida como bibliotecario mellorar, abrir horizontes, ser consecuente con esa amplitude de miras, considerando a cultura como ben que permite a dignificación, a liberación e a elevación do ser humano”.
Esta volta á súa cidade natal podería estar motivada pola nostalxia do mar, como el manifesta no seu poemario “Alrededor del mar” (Madrid, Ágora, 1961)

20161124_103834_resized
Vivir sin mar era vivir apenas 
He venido a la orilla
 Para aspirar recuerdos
 Que acarician los ojos con espumas. 
¡Olor de libertad del horizonte!……..

Poeta bilingüe en castelán e galego, publicou gran cantidade de libros de poesía, cos que obtivo a Rosa de Ouro na «Festa da Cantiga» de 1969, o Premio da Crítica de poesía Galega e foi seleccionado para o Premio Nacional de Literatura de 1990.

No ano 1991 a Deputación da Coruña crea o premio de poesía “Miguel González Garcés” co obxectivo de honrar a memoria do poeta, escritor e crítico e apoiar a creación poética.

Co gallo do centenario do seu nacemento a Biblioteca Provincial da Deputación organiza unha mostra bibliográfica da súa obra que está dispoñible nos fondos da Biblioteca.

Guía da exposición Miguel González Garcés. Centenario from Bibliotecadicoruna

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *