Mostra bibliográfica «As viaxes: camiño á tolerancia»

Publicado el

 

Para os meses estivais de xullo e agosto (tradicionalmente asociados ás vacacións e ao lecer), escolleuse, como tema condutor da mostra expositiva desta biblioteca, o das viaxes e as exploracións.

Esta escolma bibliográfica arredor das viaxes e o pulo aventureiro pola exploración de novos territorios trata de ser un convite a alimentar a curiosidade e a tolerancia a través das visións diversas doutras culturas e costumes.

Para isto, partirase da consideración de Viaxar como un feito alén do físico, onde a imaxinación e a fantasía actúan como verdadeiros motores do descubrimento; e o gran obxectivo perseguido con esta mostra é o achegamento ao outro como paso inescusable na construción de espazos de solidarizade e tolerancia.

O relato expositivo será tamén unha oportunidade para poñer en valor o acervo bibliográfico existente nos diferentes fondos patrimoniais desta casa. Para isto, farase uso de obras descritivas de especial interese estético ou respecto do seu contido, onde figuren exemplares dende o século XVII ata os nosos días.

Consulta a guía aqui

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *