Marzo en feminino: Susana Seivane

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

O día 9 de marzo temos a Susana Seivane.

SUSANA SEIVANE

(Barcelona, 25 de agosto de 1976)

 

BIOGRAFÍA

É a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia. Comenzou a súa andaina musical ó cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguíu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Un estilo xenuíno que está presente na forma de tocar de Susana, pois ela sabe sintetizar o estilo «enxebre» dos antergos gaiteiros. Mais ela tamén é quen de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencias doutras músicas; para isto rodéase dun elenco de músicos moi novos que aportan frescura e orixinalidade ó seu espectáculo.

 

DISCOGRAFÍA

En 1999 edita o seu primeiro disco «Susana Seivane». Este traballo baseado en temas tradicionais e composicións de artistas galegos, lévaa polos mellores escenarios de Folk Nacional e Internacional, acadando grandes éxitos e loables críticas.

Co seu segundo traballo «Alma de Buxo» producido por ela mesma, consolídase como artista galega de referencia no panorama Folk. Neste colaboran artistas da importancia de Uxía Senlle, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní entre outros. Con especial mención á colaboración do seu avó Xosé Manuel Seivane. Como novidade, introduce instrumentos como a batería ou o baixo eléctrico e enriquece o disco con composicións propias.

No ano 2001 resultou finalista dos Indie Awards, os prestixiosos premios que cada ano outorga a Asociación de Música Independente de E.E.U.U. (AFIM), na categoría de mellor artista de Músicas Contemporáneas do Mundo.

Para o seu terceiro traballo, “Mares de Tempo” (2004), quixo rodearse dos músicos da súa banda que a levaban acompañando nos últimos anos, e contar ademais coa colaboración de recoñecidos intérpretes. Esta vez, sen deixar de ser o que é, ante todo gaiteira, agasalla ó público co son da súa voz.

No ano 2009, vía a luz «Os soños que volven». Quería que “volvesen” ós días de hoxe, parte daquelas melodías que a acompañaron no seu camiño. «Os soños que volven» son as melodías da súa infancia, é a Banda Sonora da súa vida.

No 2015 publica o DVD “Susana Seivane e amigos”(Enavies), que recolle un impresionante concerto en vivo, ofrecido nas Festas de María Pita na Coruña, no 2012. Un apaixoante directo nun completísimo DVD interpretado por Susana Seivane e a súa banda habitual e algúns convidados; ademáis da colaboración especial de “Os Seivane” no que destaca o pequeno Brais de tan só 4 anos de idade. Unha actuación espectacular nun marco excepcional.

O seu quinto álbum, “FA” (Fiz e Antón), sae á luz no 2018, no que recolle os sentimentos do embarazo e a maternidade. Posiblemente, o disco máis intimista da gaiteira, é romántico, inspirador e tenro. Unha profunda introspección no campo da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude personal.

 

MATERIAIS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL

Seivane, Susana. Susana Seivane [Grabación sonora]. A Coruña : La Voz de Galicia, 2002. Sinatura: Fonoteca 095.4 SEI sus

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *