Marzo en feminino: Mar Llinares García

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

O día 8 de marzo temos a Mar Llinares García.

MAR LLINARES GARCÍA

(O Pindo, Carnota, 1961)

 

BIOGRAFÍA

Doutora en Historia e profesora titular na facultade de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, destaca no campo da Antropoloxía, a Etnografía e a Etnoloxía, e tamén traballou na recuperación da historia das mulleres en Galicia.

Fixo importantes aportacións no estudo sobre o imaxinario popular galego, destacando dentro deste o rol da muller a través dun dos seus personaxes máis representativos : as mouras, que en palabras da propia autora personifican no noso imaxinario colectivo o que deberían ser as fillas de Eva pero, ao mesmo tempo, simbolizan todo aquilo no que unha sociedade masculinizada temía que unha muller se puidese transformar.

Foi a primeira decana da facultade de Xeografía e Historia e destacan as súas investigacións no eido da Teoría arqueolóxica e o Patrimonio cultural.

 

BIBLIOGRAFÍA

Ten publicados catro libros: Mouros, ánimas, demonios. El imaginario popular gallego, Madrid, 1990; Os mouros no imaxinario popular galego, Santiago de Compostela, 1990, O valor da arqueoloxía (xunto con X. C. Bermejo Barrera), Santiago de Compostela, 2006; Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria. Historia Antiga, Santiago de Compostela, 2011. Ademais, ten en prensa na Editorial Nigratrea un volume sobre as mulleres na Prehistoria e a Historia Antiga de Galicia.

Tamén ten publicados numerosos artigos, entre os que cómpre destacar “Introducción” e traducción en J.J. Bachofen, El matriarcado, Madrid, 1987, pp. 5-14; “Antropoloxía e muller en Galicia: balance provisorio e perspectivas de futuro”, en X. Castro e X. De Juana (dirs.), IX Xornadas de Historia de Galicia. A muller na Historia de Galicia, Ourense, 1995, pp. 7-21; “Aspectos antropológicos del rol de la mujer en la cultura popular gallega”, en R. R. Philipp e Mª C. García Negro, (eds.), As mulleres e os cambios sociais e económicos, Santiago de Compostela, 1995, pp. 97-112; “Textos para la historia de las mujeres en Galicia. Edad Antigua” (en col.), en Mª X. Rodríguez Galdo (coord.), Textos para a historia das mulleres en Galicia, Santiago de Compostela, 1999 e «A muller no fantástico popular galego», en C. A. González Paz (ed.), As voces de Clío: a palabra e a memoria da muller na Galicia, Santiago de Compostela, 2009, pp. 51-64.

 

MATERIAIS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL

Historia das mulleres en Galicia / Mar Llinares García … [et. al]. Santiago de Compostela ; Pontevedra : Xunta de Galicia : NigraTrea, 2011. Sinatura: GAL/16892/1-4

Avdiev, Vsevolod Igorevich. Historia económica y social del Antiguo Oriente / V. I. Avdiev ; traducción de Eugenio Olid González ; introducción y edición de Mª del Mar Llinares García. Madrid : Akal, 1986. Sinatura: 3M/7262/1,2

Llinares García, María del Mar. Mouros, ánimas, demonios : el imaginario popular gallego. Madrid : Akal, 1990. Sinaturas: GAL/3040

Llinares García, María del Mar. Os Mouros no imaxinario popular galego. Santiago : Universidad, Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico, 1990. Sinaturas: GAL/2914 ; GAL/3518

Bohannan, Paul. Para raros, nosotros : introducción a la antropología cultural / Paul Bohannan ; con la colaboración editorial de Martha C. Ward ; traducción, Mar Llinares García. Madrid : Akal, D.L. 1996. Sinatura: Biblioteca César Antonio Molina – Mercedes Monmany Depósito D4273 39 BOH par

Bermejo Barrera, Xosé Carlos. O Valor da arqueoloxía / José Carlos Bermejo García, Mar Llinares García. Santiago de Compostela : Lóstrego, 2006. GAL/12586

Rouy, Hersilie. Yo no soy la señorita Chevalier : memorias de una loca / Hersilie Rouy ; traducción de Mar Llinares García. Madrid : Siglo XXI de España, [2015]. Sinatura: 3Z/2058

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *