Marzo en feminino: Isabel Zendal

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

O día 5 de marzo temos a Isabel Zendal.

ISABEL ZENDAL

Ordes (A Coruña), 1773 – Puebla de Los Ángeles (México),  s. XIX.

 

BIOGRAFÍA

De Ordes e de orixe labrega moi humilde é a muller nomeada pola Organización Mundial da Saúde como a primeira enfermeira da Historia en misión internacional. México entrega ademáis co seu nome e apelidos o galardón máis prestixioso do país ao mérito en enfermaría.

Xa desde  moi nova tivo que saír adiante por sí mesma, e as súas duras circunstancias son as que a levan á Coruña a comezar a traballar servindo despois do falecemento da súa nai. A súa valía fixo que con trinta anos chegase a ser a reitora da Casa de Expósitos da Coruña, onde traballaba para mellorar as condicións dos nenos e nenas orfos.

Cando se prepara a Real Expedición Filantrópica da Vacina da Varíola para levala ás colonias de América e Filipinas, en principio non se contemplaba a participación de muller ninguna, pero debido á experiencia da viaxe de Madrid á Coruña e ao falecemento dun dos cinco nenos que levaba a varíola nos seus brazos, levou a considerar un cambio na expedición. Así, decidiron incorporar a nenos da Casa de Expósitos que ela dirixía, e entre eles foi o propio fillo de Isabel.

De xeito que o director da expedición Francisco Xavier Balmis contrata a Isabel Zendal para incorporala á Expedición en calidade de enfermeira, con un soldo igual ao dos homes da súa mesma formación e funcións, sendo a última persoa en incorporarse ao convoi.

A súa participación na Expedición supúxolle un gran recoñecemento social ao seu traballo, e ao mesmo tempo facilitoulle saír do seu entorno e coñecer novas experiencias, chegando a ser un dos piares do convoi recibindo numerosos eloxios dos expedicionarios polo seu traballo.

A corveta María Pita parte do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803 con 22 nenos, e despois de pasar por Canarias chega a Puerto Rico, Caracas, e posteriormente á división da expedición en dúas para abarcar maior territorio en menor tempo, a división á que estaba asignada Isabel, dirixida por Balmis, instalouse en México, percorrendo o territorio.

A continuación partiron no navío Magallanes cara a Manila para realizar a expedición por Filipinas, que se demorou un tempo en abarcar todo o territorio debido ó accidentado do arquipélago.

A expedición pasou por Venezuela, Colombia, Ecuador,  Perú, México, Filipinas, China… e converteuse así na primeira misión humanitaria universal da Historia.

Uunha vez finalizado o traballo, a rectora despois de volver por Acapulco instálase en Puebla de los Ángeles ao non poder voltar á Península debido ós problemas das primeiras loitas pola Independencia.

O Concello de Ordes recoñeceuna como filla predilecta o día no que se celebraba o 213 aniversario da saída dende A Coruña da expedición; A Coruña tamén a recoñeceu dedicándolle un monumento xunto á Domus á expedición e unha rúa a ela mesma. E aínda que no seu momento a súa fazaña foi esquecida, tanto a Expedición como o bo facer de Isabel Zendal foi recuperado e divulgado en películas, novelas e estudos.

 

Adaptación da biografía de Susana María Ramírez Martín.

 

MATERIAIS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL

Alfonso Barcones, Enrique. –Y llegó la vida : estampas del descubrimiento y difusión de la vacuna antivariólica / Enrique Alfonso ; prólogo del dr. C. Jiménez Díaz. Buenos Aires : Espasa Calpe, 1950. Sinatura: 2I/793

Arteaga, Almudena de. Ángeles custodios. Barcelona : Ediciones B, 2010. Sinatura: 3S/5780

Díaz de Yraola, Gonzalo. La Vuelta al mundo de la expedición de la vacuna / Gonzalo Díaz de Yraola ; prólogo de Gregorio Marañón ; obra premiada por la Real Academia de Medicina de Sevilla. Sevilla : Escuela de Estudios Hispano-Americanos, 1948. Sinatura: FGA/29

García, Enrique V. La Soledad de Balmis : la Real Expedición Filantrópica de la Vacuna de la Viruela (1803-1806) : novela histórica. Madrid : Biblioteca Nueva, D.L. 2005. Sinatura: GAL/12320

González Guitián, Carlos. A Coruña en la historia de la viruela / Carlos González Guitián, Fausto Galdo Fernández. La Coruña : Ayuntamiento : Vía Láctea, D.L. 1996. Sinatura: GAL/5862

Nieto Antúnez, Pastor. La Rectora de la Casa de Expósitos de La Coruña, excepcional y olvidada enfermera en la expedición Balmis / discurso leído por Pastor Nieto Antúnez. La Coruña : Instituto «José Cornide» de Estudios Coruñeses, 1981. Sinatura: FOL/21/36

Rodríguez, Anaír. Pioneiras : galegas que abriron camiño / Anaír Rodríguez ; ilustracións de Nuria Díaz. Vigo : Xerais de Galicia, 2018. Sinatura: 929 ROD pio / v (Sala Xuvenil).

Solar, María. Os Nenos da variola.  Vigo : Galaxia, 2017. Sinatura: N SOL nen / m

Solar, María. Los Niños de la viruela / María Solar ; ilustración de Beatriz Castro ; traducción María Jesús Fernández. Madrid : Anaya, 2017. Sinatura: GAL/10161

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *