Marzo en feminino: Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

O día 10 de marzo temos a REXOUBEIRA  DE BERGANTIÑOS

Asunción Antelo Suárez

(Seavia, Coristanco 1919 – 2006)

BIOGRAFÍA

Asunción Antelo (chamada A Rexoubeira de Bergantiños) foi poeta, escultora e moldeadora de barro. Labrega, autodidacta e loitadora deixou un museo na súa casa, donde se adentrou na literatura, nas raíces, no barro e nas pedras. A Rexoubeira cántalle a Bergantiños, comarca a que pertence e a Galicia. Consciente da súa alma de artista,  idolatra a Rosalia de Castro, persoa que é obxecto dunha admiración extrema.

Naceu en  Segufe, aldea da que nunca saíu. Como case todas as mulleres do rural nese tempo, non foi case nada á escola. Despois de toda unha vida coidando da terra e dos seus irmáns, empezou a escribir, –despois dos corenta– e, máis tarde, a tallar a madeira e a pedra e a moldear o barro.

Os seus poemas saíron á luz grazas á asociación cultural Monte Branco do Couto, que en 1995 publicou “ Páxinas dá  Rexubeira de Bergantiños” e catro anos máis tarde “ As penurias  dun amor”. Desde 1998 a arte de Asunción exhíbese no seu pequeno museo en  Segufe, no que recibía, sempre cun sorriso na cara, aos visitantes, especialmente os máis novos que acudían con visitas escolares.

Foi o movemento asociativo da comarca o primeiro en recoñecer o talento de Asunción e cada 8 de agosto artistas e veciños da comarca reuníanse para renderlle homenaxe polos seus aniversarios. As súas festas de aniversarios eran todo un evento cultural, con recitais de poesía e música. En 2006 foi nomeada Bergantiñá  do Ano nos premios do  Padroado  Fogar de Bergantiños.

Falece en 2006, na mesma localidade que a viu nacer 97 anos antes.

 

MATERIAIS NA BIBLIOTECA PROVINCIAL sobre a autora e artista:

  • Antelo Suárez, Asunción. Páxinas da Rexubeira de Bergantiños. A Coruña : Asociación Cultural Monte-Branco, 2005. Sinatura: GAL/11743
  • Antelo Suárez, Asunción. As Penurias dun amor. Couto, Ponteceso (A Coruña) : Asociación Cultural Monte-Branco, 1999. Sinatura: GAL/820

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *