Marzo en feminino: Ánxeles Penas

Publicado el

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Con este motivo, desde a Biblioteca Provincial queremos dar visibilidade a mulleres que merecen recoñecemento por ter un papel destacado no ámbito da ciencia, da cultura, da literatura, da arte… Por esto, cada día de marzo publicaremos información sobre unha: unha breve biografía, e todos os materiais que se poden atopar na Biblioteca sobre cada unha delas ou realizado por elas.

O día 7 de marzo temos a Ánxeles Penas

ÁNXELES PENAS

(Teixeiro,  Curtis 1943)

BIOGRAFÍA E OBRA[1]

Ánxeles Penas naceu en Teixeiro (A Coruña). É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago e en Belas Artes pola Facultade de San Fernando en Madrid; ademais, fixo estudios de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio.

No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora e leva feitas máis de cincuenta exposicións.

Ten no seu haber nove premios literarios, entre eles o Premio Abrente de Teatro de Ribadavia (1974), o primeiro Premio Nacional Jorge Manrique (1971), o primeiro Premio das Festas Minervais da Universidade de Santiago (1970), o primeiro Premio Festa da Cantiga da Coruña (1971) e o primeiro Premio Cidade da Coruña (1981).

É membro de AULIGA (Universidade Libre Iberoamericana en Galicia) e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED. Colabora asiduamente con revistas literarias como Zurgai, Serta, Festa da palabra silenciada, Clave Orión, Historia y vida e outras. Na revista de Internet, Eon Magazine ten unha colaboración fixa, co tema «Arte y sacralidad» e é crítica de arte de El Ideal Gallego da Coruña. Ademais tivo durante varios anos unha sección fixa en La Voz de Galicia, sobre temas de cultura na nosa terra, co título de «Faíscas». Ten feito numerosos ensaios acerca de arte e literatura de Galicia, sobre Cunqueiro, Celso Emilio, Rosalía de Castro, Xohana Torres, Labra, Grandío e Laxeiro, entre outros.

A súa obra publicada inclúe os titulos Con los pies en la frontera (1976), Ya soy para tu muerte (1980), Galicia, fondo val (1982), O santuario intocable (1992), Fondo en malva, no colectivo dedicado a Miguel González Garcés, feito pola Deputación coruñesa.

Presentou comunicacións para varios congresos literarios: «Humorismo e humanismo na obra de Castelao», para o congreso realizado na Universidade de Santiago de Compostela pola Fundación Castelao; «A poesía feminina en Galicia» para a fundación Santa Teresa de Ávila; «O poder da imaxe visual na plástica e na literatura de Galicia» e «Un século de literatura en lingua galega» para dous congresos organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega; «A poesía de Antón Avilés de Taramancos» e «A poesía de Eusebio Lorenzo Baleirón», para o primeiro Congreso Internacional de Traducción de Rianxo, organizado por AULIGA. Tamén para AULIGA traduciu Os cantos caucanos, de Avilés de Taramancos e unha Antoloxía poética, de Eusebio Lourenzo Baleirón, recentemente publicados por Espiral Maior.

A súa obra poética está presente tamén en varias antoloxías e revistas literarias: Palabra de muller, Poetisas galegas do século XX, Nordés, Grial, Atenea, etc.

 

Materiais na Biblioteca Provincial  sobre a autora e artista:

  • Abelenda, Alfonso. Abelenda / edición al cuidado de Anxeles Penas. A Coruña : Diputación Provincial, D.L. 2008. Sinatura: GAL/13819
  • Costa, Alfonso. Alfonso Costa / [textos Anxeles Penas, Eva Veiga]. A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, 2007. Sinatura: GAL/13623
  • Penas, Anxeles. Amor deshabitado. O Burgo (Culleredo, A Coruña) : Espiral Maior, 2007. Sinatura: GAL/13537.
  • Lorenzo Baleirón, Eusebio. Antología poética / Eusebio Lorenzo Baleirón ; selección, traducción e introducción Anxeles Penas. A Coruña : Espiral Maior, 2000. Sinatura: GAL/12976
  •  Penas, Anxeles. Con los pies en la frontera / Anxeles Penas ; cubierta y dibujos, Ferrer ; prólogo, Benito Varela Jácome. A Coruña : Moret, 1976. Sinatura:      EL/384
  • De aconteceres lonxanos, arumes de xentes e terra [DVD] : José Sánchez Anido, José Martínez Pardo, Ánxeles Penas / [guión, Manuel Villar ; realización Carlos de Novoa, una producción de Click Solution]. Curtis (A Coruña) : Concello, [2007]. Sinatura: Fonoteca                929 DEA (Galicia)FONDO
  • Penas, Anxeles. Elegía en Dirdam. En: Barcarola. — Albacete : [s.n.]. — N. 6 (abr. 1981), p. 53-54
  • Penas, Anxeles. Galicia fondo val. Sada (A Coruña) : Ediciós do Castro, D.L. 1982. Sinatura:         BM/480
  • Penas, Anxeles. Galicia : [poesía]. En: Nordés. — La Coruña : [s.n.]. — II Data, N. 2 (xaneiro 1981), p. [6]-7
  • Penas, Anxeles. Perfís e poéticas. A Coruña : Baía, 2006. Sinatura: GAL/12842
  • Realismos, expresionismos, abstracciones. Vigo : Nova Galicia, D.L. 2003. Sinatura:        FGA/30/14
  • Penas, Anxeles. O Santuario intocable. Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, D.L. 1992. Sinatura: GAL/12914
  •  Segura Torrella, Ricardo. Segura Torrella : Palacio Municipal de Exposiciones Kiosco Alfonso, La Coruña, 14 de diciembre de 2004 al 9 de enero de 2005 / [textos, Ramón Codina Bonet, Anxeles Penas García]. La Coruña : Ayuntamiento de La Coruña, D.L. 2004. Sinatura: Biblioteca César Antonio Molina – Mercedes Monmany S 75 SEG seg
  • Penas, Anxeles. Ya soy para tu muerte. Madrid : Molinos de agua, [1980]. Biblioteca César Antonio Molina – Mercedes Monmany SD 860-1 PEN yas
  • Penas, Anxeles. Ya soy para tu muerte / Anxeles Penas ; [prólogo, Antonio Domínguez Rey]. Madrid : Torremozas, 2000. Sinatura: EL/433
  • Penas, Anxeles. Yo soy para tu muerte. Madrid : Molinos de agua, D.L. 1980. Sinatura: EL/563

[1] Adaptación da biobibliografía elaborada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, na súa páxina web.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *