Marcela e Elisa: unha historia de amor

Publicado el

O próximo día 26 de xuño ás 19:00   a Biblioteca Provincial acolle un acto en conmemoración do Día das diversidades sexuais que se celebra o 28 deste mes.

Conversa con Narciso de Miguel, autor dos libros «Elisa e Marcela : alén dos homes» da editorial Nigatrea, e tamén «Elisa y Marcela : más allá de los hombres» da editorial Libros del Silencio ( tedes os dous libros dispoñibles para a súa lectura na biblioteca provincial;  A Panadería, autoras da Obra de teatro «Elisa e Marcela. Unha historia que parece un conto»   e Xurxo Souto, cantante e escritor.

O acto abordará a historia de amor das pioneiras e loitadoras Marcela e Elisa.

Esperámosvos a todas/os!.

#construindodiversidade #orgullo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *