#librosconfit-nados

Publicado el

Como todos sabedes, o 23 de abril é o Día Internacional do Libro, e que mellor maneira de celebralo que lendo? Así que colle o teu libro favorito e…

Un momento… falta algo… Ah! Claro! En toda celebración que se prece hai sempre unha torta.

E, como poderiamos compartir unha torta? Xa sei! A grandes males, grandes remedios. Deixámosvos a continuación a RECEITA dunha torta riquísima para que poidades saboreala mentres ledes ese libro que tiñades preparado para hoxe.

Así, todos poderemos compartir a mesma torta… Non é o mesmo, pero parece que estamos máis preto.

Agora si é unha celebración digna do Día Internacional do Libro!

Que aproveite e feliz lectura!

Ah! E se vos apetece podedes compartir connosco ese momento e mandarnos fotos con (ou de) o voso libro cun anaco da torta, ao correo biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal ou etiquetarnos nas redes sociais coa etiqueta #librosconfit-nados.

 

 

Feliz Día Internacional do Libro!!!!

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *