Libros e películas disfrazados!

Publicado el

Nalgúns concellos xa comezaron as celebracións do Entroido, noutros están comezando este fin de semana… En calquera caso, desde a Biblioteca tamén che propoñemos que te deixes sorprender por algún dos libros e películas que che propoñemos ocultos detrás dun anteface.

No andar de Préstamo e Información e na Biblioteca Xuvenil atoparás un grupo de películas e libros ataviados deste xeito. Elixe un, lévao prestado, e déixate sorprender!

Ademais, os adultos participantes entrarán no sorteo de tres lotes de material promocional da biblioteca que agasallaremos entre todos. Así que deixádenos os vosos datos na papeleta de participación e introducídea no buzón para o sorteo, que estará depositado no mostrador de Préstamo de adultos.

En canto á Biblioteca Xuvenil, todos os participantes que leven en préstamo un libro disfrazado levarán un pequeno agasallo por participar nesta actividade de animación á lectura.

Podedes participar entre o día 21/02/2020 e o 29/02/2020. O sorteo realizarase elixindo tres números de xeito aleatorio entre todos os participantes que deixen a papeleta de participación no buzón cos seus datos, o luns día 02/03/2020 ás 12:00 h na Biblioteca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *