Lecturas de Nadal

Publicado el

Despois duns meses difíciles xa estamos no Nadal, que este ano viviremos dunha maneira distinta. Estaremos máis tempo nas casas e coa xente de sempre, e qué mellor que estar acompañada  dunha boa lectura. Hoxe compartimos as guías de lecturas das diferentes seccións da biblioteca. É  época para ler, regalar e compartir libros. Que non sabes cales? Non te preocupes, porque na Biblioteca preparamos seleccións para todas as idades, así que seguro que atopas inspiración entre todos os que che propoñemos.

 

BIBLIOTECA INFANTIL E  XUVENIL

Recomendacións lectoras de 9 a 18 anos: Ver aquí a guía de lectura completa

 

BBTK INFANTIL

Na BBTK temos os nosos recunchos favoritos de lectura. Aquí ensinámosche o recuncho de nadal.

Para poder velo pica AQUÍ

E tamén na BBTK a carta aos Reis Magos Escribiches a carta aos Reis Magos? Na BBTK xa a temos, se a queres pica AQUÍ

E nos meses de decembro e xaneiro podes participar no concurso QUE NON PARE O CONTO.

NA EBIBLIODACORUNA

Elixe entre as lecturas que che propoñemos inspiradas en parte no Nadal: Ver aquí

 

 

 

 

Categorizado como: Blog

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *