Nova lectura no club dixital: «Infamia» de Ledicia Costas

Publicado el

Estaremos lendo o libro «Infamia» de Ledicia Costas, no club «Arredor dos libros», entre o 27 de febreiro e o 24 de marzo, un thriller psicolóxico onde nada é o que parece, protagonizado pola avogada e profesora de dereito penal Emma Cruz. O debut na novela para adultos de Ledicia Costas que está acadando un enorme éxito.

Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro a partir do día que comeza a lectura, o 27 de febreiro, e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *