Homenaxe a Javier Reverte e Sean Connery

Publicado el

Esta fin de semana fóronse dous grandes da literatura e da gran pantalla.

Escritor, xornalista e viaxeiro incansable, Javier Reverte (Madrid, 1944-2020) é un dos cronistas de viaxes de cabeceira para moitos afeccionados a este xénero literario. Os seus relatos das aventuras por África, polo Ártico, por Alaska e Canadá, por Italia, pola China… pero tamén por Madrid ou polo pasado de España… fixo soñar e viaxar aos seus lectores que os seguían nas súas exploracións a través dos seus libros. Xa non poderá brindarnos máis descricións doutros lugares, pero podemos desfrutar das narracións que deixou publicadas, e ademais de outras tres que deixou listas e que nuns meses verán a luz de xeito póstumo.

Non podemos esquecer tampouco que, aparte de libros de viaxes, deixou outro tipo de literatura: Banderas en la niebla, Todos los sueños del mundo, Barrio cero (Premio Fernando Lara de Novela), El hombre de las dos patrias (biografía de Albert Camus), Trazas de polizón (poesía)…

Podes atopar a maioría das súas obras na Biblioteca.

 

 

Na EbiblioDaCoruna tes tamén alunhas.

 

Na mesma fin de semana deixábanos tamén unha icona do cine, Sean Connery (1930-2020), que quedou xa asociado ao seu papel como o axente 007. Sen embargo, para as bibliotecas e todas as persoas afeccionadas á lectura, sempre será o irmán Guillermo de Barskerville, que nos marcou coa súa interpretación da personaxe da obra inmortal de Umberto Eco. Sen mencionar outras moitas películas nas que tivo un papel destacado e nas que vivirá xa para sempre, 17 das cales tes dispoñibles para vir buscar á Biblioteca. Poderás atopar tamén unha biografía súa non autorizada de Robert Sellers.

 

A nosa mellor homenaxe a ambos non pode ser doutro xeito que lendo algunha das súas obras ou vendo alguha película que seguro que aínda temos pendente de descubrir.

Lembra buscar as obras no catálogo da Biblioteca aquí: Catálogo e solicitalas na túa cita previa para que as teñamos preparadas cando as veñas buscar: Cita previa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *