Facemos o Camiño? 1ª etapa: Sarria-Portomarín

Publicado el

 

Comezamos a nosa viaxe cara Compostela en Sarria. Esta primeira etapa de 22,5 km non ten tramos especialmente difíciles de transitar, pero hai que ter en conta que os primeiros 13 quilómetros teñen un relevo ondulado que non permite un ritmo constante. Estes 22,5 km podémolos completar en 4 ou 5 horas.

Igrexa de San Salvador de Sarria

 

Pasaremos por vilas como Ferreira ou Lavandeira, con múltiples albergues e bares que nos permitirán repoñer forzas.

Antes de finalizar este tramo, cruzamos o río Miño. O Miño discorre integramente pola comunidade autónoma de Galicia, aínda que no seu tramo final forma a fronteira entre España e Portugal antes de desembocar no océano Atlántico.

Portomarín

Ao chegar a Portomarín, podemos visitar a Igrexa de San Nicolás de Portomarín, que foi reedificada pedra a pedra tras a construción do encoro.

Igrexa de San Nicolás de Portomarín

 

Igrexa de San Nicolás de Portomarín

 

 

Para saber máis:

  • A etapa. Esta etapa é para moitos peregrinos a primeira por estar moi preto dos últimos 100 quilómetros, distancia mínima que hai que recorrer a pé para recibir a Compostela.

 

  • Sarria. Unha das marabillosas paraxes que transcorren na ruta de peregrinos con rumbo á catedral en Santiago de Compostela. Árbores como castiñeiros e carballos, regatos, vacas galegas, cordeiros, aldeas, vilas, pobos forman parte da natureza na Sarria rural.

 

  • Portomarín. Na praza maior a Igrexa de San Nicolás, aos arredores natureza: o río Miño, xestas, piñeiros, vacas galegas, aldeas, vilas, pobos. Paso de peregrinos que van rumbo á catedral en Santiago de Compostela.

 

 

 

  • Río Miño. O Miño, atravesando toda Galicia en diagonal (ou toda a Gallaecia xuntándolle o Sil), constitúe un factor de primeira magnitude no cicelado da historia do país. O seu fluír vainos suxerindo momentos moi diversos que se nos presentan sen orde cronolóxica. Se o lector reordenase os capítulos conforme a secuencia temporal, comprobaría que o panorama abrangue desde os tempos máis recuados ata o presente. Todo o existir da nación.

 

 

 

 

 

Agora, a repoñer forzas. Mañá seguiremos o noso Camiño.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *