Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Marzo en feminino: Rosa Aneiros

30 marzo, 2019

O proxecto Marzo en feminino, no contexto da conmemoración do Día da muller o 8 de marzo, destaca durante este mes a escritoras da provincia da Coruña que teñen algunha publicación dixital na EbiblioDaCoruna.

No último día deste proxecto publicitamos a Rosa Aneiros, do Concello de Valdoviño. Licenciada en Ciencias da Comunicación, é xornalista, escribindo para varios diarios coma Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol, El Progreso, El País, e traballando para a Radio Galega. Na actualidade desenvolve a súa actividade profesional no Consello da Cultura Galega. En 2018 recibeu o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.

Na EbiblioDaCoruna podes atopar varias das súas obras, como a triloxía de «Ámote Leo A.» (Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil), «Ás de bolboreta» (Premio Fundación Caixa Galicia 2009, Premio Fervenzas Literarias 2009, Premio The White Ravens 2010), «Sol de inverno» (Premio Xerais 2009), ou a recentemente publicada en 2019 «Orestes perde o sentido«, entre outras.

Detalles

Fecha:
30 marzo, 2019
Etiquetas del Evento:
, , , , ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca