Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Marzo en feminino: María do Cebreiro

29 marzo, 2019

O proxecto Marzo en feminino, no contexto da conmemoración do Día da muller o 8 de marzo, destaca durante este mes a escritoras da provincia da Coruña que teñen algunha publicación dixital na EbiblioDaCoruna.

Hoxe publicitamos a María do Cebreiro Rábade Villar, do Concello de Santiago de Compostela, licenciada en Filoloxía Hispánica, investigadora e profesora de Teoría da Literatura na USC, poeta e ensaísta. Filla dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes. Gañou entre outros o Premio da Crítica de poesía galega en 2015.

Na EbiblioDaCoruna podes atopar dúas das súas obras: «Os hemisferios» e «Os inocentes«.

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca