Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inscrición Talleres Eu Quero Ciberseguridade

1 octubre, 2019

Talleres Eu quero ciberseguridade. Biblioteca Provincial da Coruña

TALLERES “Eu ♥ Ciberseguridade”

Talleres de sensibilización sobre o uso seguro e responsable das TIC impartidos en colaboración co Servicio de Europe Direct da Deputación da Coruña.
Os obxetivos de estes talleres son: Aprender e identificar os principais riscos asociados ao uso das TIC e cales son os medios para previr e afrontar calquera ameaza de seguridade dixital. Dotar a pais, nais e titores dos coñecementos básicos para poder acompañar aos menores no seu contacto coas TIC e das ferramentas para abordar esta tarefa nas mellores condicións. Fomentar o coñecemento dixital e sensibilizar á cidadanía sobre a relevancia da formación en habilidades dixitais para a inserción no mercado laboral.

3.1 TALLERES PARA MOZOS DE 9 A 14 ANOS
Coa finalidade de aprender e identificar os principais riscos asociados ao uso do TIC e cales son os medios para previr e afrontar calquera ameaza de seguridade dixital.

Realizaranse dúas edicións (15 prazas dispoñibles en cada unha). Os talleres terán dúas sesións semanais de 2 horas de duración.

Primeira edición: 18 e 25 de outubro, de 17:30 a 19:30 h.
Segunda edición: 8 e 15 de novembro, de 17:30 a 19:30 h.

3.2 TALLERES PARA ADULTOS
Dirixido a pais/nais ou outros familiares de persoas novas, ou que se relacionen habitualmente coa mocidade por razóns profesionais (educadores, técnicos de información xuvenil…).Co obxectivo de dotar dos coñecementos básicos para poder acompañar aos menores no seu contacto co TIC e das ferramentas para abordar esta tarefa nas mellores condicións.

Organizaranse dúas edicións (20 prazas dispoñibles en cada unha). Estes talleres terán unha sesión única de 2 horas de duración.

Primeira edición: 25 de outubro de 17:30 a 19:30 h.
Segunda edición: 15 de novembro de 17:30 a 19:30 h.

INSCRICIÓN

Poden inscribirse  todos os sócios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades e premendo en Inscrición nas actividades TIC.

A páxina para inscribirse ás actividades activarase o  1 de outubro ás 10:00 h da mañá.

Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)

Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.info@dacoruna.gal.

Os cursos son totalmente gratuitos.

Todas os nen@s que non asistan o 1º día ou falten dúas veces (sexa ou non a falta xustificada) quedarán excluídas da actividade.

 

 

Detalles

Fecha:
1 octubre, 2019
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca