Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Ilustrando libros con plastilina» na Feira do Libro da Coruña

9 agosto, 2019 @ 12:00 pm - 1:00 pm

Durante a 48ª edición da Feira do Libro da Coruña, do 1 ao 11 de agosto a carpa infantil será o escenario de numerosas actividades dirixidas a nenas e nenos, familias e público en xeral. Ademais de dar a coñecer as novidades en literatura infantil e xuvenil, haberá actividade continuada ao longo dos 11 días de feira.

A carpa destinada ás actividades infantís leva por nome Xabier P. Docampo, en homenaxe a quen tanto traballou pola literatura infantil e xuvenil.

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña participa na Feira tamén nesta edición con unha actividade infantil o venres día 9 de agosto ás 12:00 h na carpa Xabier P. Docampo: o obradoiro «Ilustrando libros con plastilina». Agardámovos!

 

Accede a toda a programación infantil da Feira do Libro da Coruña aquí: Programación carpa infantil

Detalles

Fecha:
9 agosto, 2019
Hora:
12:00 pm - 1:00 pm
Etiquetas del Evento:
, , , , ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Xardíns de Méndez Núñez