Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: Un ano de BookFaceFriday

10 diciembre, 2020 - 31 diciembre, 2020

#bookfacefriday é unha iniciativa que leva desde 2014 medrando por Twitter e Instagram e cada vez con máis adeptos que se deixan levar por este xogo creativo no que as caras son substituídas polas portadas de libros de calquera índole… e a Biblioteca Provincial tamén caeu neste xogo, que consiste en subir cada venres unha foto deste tipo ás redes sociais.

A idea é fomentar a lectura e estimular aos lectores a que descubran propostas que noutra situación pasarían por alto. Preténdese demostrar que a lectura non só é un pasatempo tranquilo, senón que tamén é algo creativo e divertido.

A primeira foto que se subiu ao IG foi o 22 de novembro de 2019. Gustounos facela, gustounos o resultado, e… por que non dicilo?? houbo unha aceptación xeral bastante boa que nos animou a seguir adiante. Así que pensamos no reto de facer 52, unha por semana, ata completar un ano. Un ano convulso no que pasaron moitas cousas, mais… conseguímolo!

Queres ver o resultado? Podes vir ver a exposición no vestíbulo da Biblioteca, ou ver o catálogo da mesma premendo aquí:

Un ano de BookFaceFriday. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Detalles

Comienza:
10 diciembre, 2020
Finaliza:
31 diciembre, 2020
Etiquetas del Evento:
, ,

Organizador

Biblioteca Deputación Coruña

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca