Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Acto de entrega do premio do concurso #hoxeleoen

20 septiembre, 2019 @ 12:45 pm - 1:15 pm

Entregamos o premio do concurso #hoxeleoen!

 

O luns 9 de setembro celebrouse o sorteo #hoxeleoen (Buscando escenarios de lectura pola provincia da Coruña, 7ª edición) ás 11:00 h, mediante a selección aleatoria dun número nesta ferramenta web.

O número resultante do sorteo foi o 4, que corresponde coa fotografía publicada en Facebook por Luis Enrique Veiga Rodríguez, tomada na Rúa Riego de Agua do Concello da Coruña, que nos mostraba que lía «Se vende un hombre» de Ángel Mª de Lera, título gañador do Premio Ateneo de Sevilla 1973.

O acto de entrega do premio terá lugar o venres 20 de setembro ás 12:45 h na Biblioteca Provincial.

Desde a Biblioteca Provincial da Deputación e desde Turismo da Deputación da Coruña agradecemos a boa acollida e participación durante estas semanas nas que nos achegáchedes lecturas e autores moi interesantes, boa literatura, e nos descubríchedes recunchos de lectura moi apetecibles para o verán.

Podedes ver todas as fotografías participantes no #hoxeleoen AQUÍ.

 

Detalles

Fecha:
20 septiembre, 2019
Hora:
12:45 pm - 1:15 pm
Etiquetas del Evento:
, , , , ,

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca