Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día Mundial do Teatro. Biblioteca Xuvenil

26 marzo, 2021 @ 8:00 am - 5:00 pm

Recomendación da Biblioteca Infantil e Xuvenil polo Día Mundial do Teatro

 

Con motivo do Día Mundial do Teatro (27 de marzo), A Biblioteca Infantil e Xuvenil fainos como recomendación especial a obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, unha divertida incursión de Carlos Casares na literatura para público infantil, que gañou en 1973 o Concurso de teatro infantil galego. A historia comeza cando cinco laranxas xigantes e estrañas nacen no limoeiro da horta de Elías e Anxa. Cando Elías toca unha delas, estala e co estrondo acoden os veciños. A partir deste momento vanse fiando disparatadas e divertidísimas anécdotas.

 

 

Editado pola Consellería de Cultura, o libro acompáñase dunha guía didáctica de 71 páxinas, polo que pode ser empregado como material de traballo na escola. Podedes pedir ambos materiais coa sinatura:   T 869.9 CAS lar / a.

 

Na Bibioteca tamén temos outra edición do Consello da Cultura Galega editado como homenaxe ao escritor Carlos Casares no ano 2017, ano dedicado á súa memoria. Imprimíronse cincocentos exemplares numerados, dos cales temos o número 317. Con un limiar de Ramón Villares e un estudo realizado por Montse Pena Presas, acompáñase tamén de ilustracións de Luis Seoane. Este material non é de préstamo, pero sí se pode consultar coa sinatura FGA/490.

Trátase dun coidado facsímile da edición orixinal de Galaxia de 1973, da que tamén temos un exemplar na Biblioteca, de consulta, coa sinatura BM/529.

 

Deixámosvos asemade unha imaxe desta manualidade baseada na obra que realizamos nunha das actividades abertas para público infantil e xuvenil da Biblioteca, na que se poden apreciar as personaxes fundamentais do drama.

 

 

E… Feliz Día Mundial do Teatro!!!!!

Detalles

Fecha:
26 marzo, 2021
Hora:
8:00 am - 5:00 pm
Etiquetas del Evento: