Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

25N: #DeFronte Contra a Violenxia de Xénero

10 noviembre, 2020 @ 8:00 am - 30 noviembre, 2020 @ 5:00 pm

Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña puxeron  en marcha DE FRONTE á violencia de xénero, unha campaña e programa de actividades que apela directamente á implicación dos Concellos coruñeses, estendendo a chamada á acción a calquera outra entidade da provincia.

Esta campaña procura promover a creación dunha rede de administracións locais e entidades sensibles e comprometidas coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero, xerando sinerxías entre elas, coa propia Deputación, e co resto da sociedade.

Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña unimonos á campaña #DeFronte en contra da Violencia de Xénero da Área de Igualdade da Deputación da Coruña recomendando 1 recurso cada día durante este mes e dispoñibles nos fondos físicos e dixitais da Biblioteca Provincia cos cancelos #untítuloaodía e #defronte.

Podedes ver os recursos compartidos nas redes sociais da biblioteca e na web compartiremos a guía o día 25 de novembro.

Todos os recursos físicos podes consultanos no catálogo da biblioteca https://www.dacoruna.gal/biblioteca e os recursos dixitais na biblioteca dixital https://ebibliodacoruna.odilotk.es/

Detalles

Comienza:
10 noviembre, 2020 @ 8:00 am
Finaliza:
30 noviembre, 2020 @ 5:00 pm
Etiquetas del Evento:
, , ,

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca