Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

24 de outubro: Día da Biblioteca_Actividades

22 octubre, 2018 - 26 octubre, 2018

Desde a Biblioteca Provincial programamos unha serie de actividades para conmemorar o Día das Bibliotecas. Conferencias, premios, formación, exposicións, biblioteca na rúa… Abertas e de balde. Consulta toda a programación para a vindeira semana, e longa vida ás Bibliotecas!
 
 
1. Mostra bibliográfica “A Terra es ti: coidando do medio ambiente”
Sobre o consumo responsable de enerxía e medio ambiente. Visitable no vestíbulo da Biblioteca en horario de apertura. De balde.
 
Cando: do 1 de outubro ó 15 de novembro
 
2. Biblioteca participativa
2ª edición da biblioteca participativa. Este ano cóntanos qué cres que deberíamos cambiar para ter unha biblioteca máis verde e concienciada co medio ambiente. Déixanolo por escrito ou nas nosas redes sociais coa etiqueta #BDparticipativaverde
 
Participa a través de Twitter, Facebook ou Instagram
 
Cando: do 22 ó 28 de outubro
 
3. Conferencia “Cambio climático e consumo de enerxía, solucións”. Por Francisco Aréchaga.
Enxeñeiro especializado en medio ambiente e autor de varios libros sobre o tema. Acceso libre ata encher aforo.
 
Consulta o CV do ponente: Traxectoria profesional de Francisco Aréchaga
Cando: 24 de outubro ás 20:00 h.na Biblioteca Provincial
 
4. Obradoiro infantil
Terá lugar no vestíbulo da Biblioteca para todos os nenos e nenas que queiran achegarse. Entrada libre.
 
Cando: 24 de outubro entre as 18:00 e as 20:00 h
 
5. Guía de lectura Bebeteca verde
Preparamos unha guía para que os primeiros lectores se eduquen no coidado do medio ambiente e se divirtan facéndoo.
 
Cando: Outubro
 
6. Saímos á rúa
A biblioteca sae á rúa para informar ós transeúntes que se celebra o Día da Biblioteca, e para aportar información sobre os fondos e servizos que se poden atopar nela.
 
Cando: 24 de outubro ás 13:00 h
 
 
7. Sesión de formación dixital
Qué son e cómo se utilizan os libros electrónicos, formatos de libros e compatibilidades, utilización da plataforma de préstamo da Biblioteca, cómo prestar e descargar libros. Ensinarémosche a utilizar os libros dixitais paso a paso e poderás resolver tódalas túas dúbidas.
 
Consulta tamén a nosa sección de Préstamo dixital
 
Cando: 24 de outubro ás 18:00 h
 
 
8. Libros prohibidos
Elaboramos unha guía de lectura e un recuncho temático na planta de Préstamo e Información sobre libros que están ou estiveron censurados ou prohibidos.
 
Cando: do 24 de outubro ó 15 de novembro
 
 
9. Premios ás persoas máis lectoras
Un ano máis agasallaremos ás 7 persoas máis lectoras do ano nas diferentes categorías (adulto, 4 categorías de infantil e xuvenil, bebeteca e dixital) cun lote de material promocional da Biblioteca. Os premiados poderán achegarse ó longo do día a recoller o seu agasallo.
 
Cando: 24 de outubro

Detalles

Comienza:
22 octubre, 2018
Finaliza:
26 octubre, 2018
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Biblioteca da Deputación da Coruña
C/riego de Agua 37
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
981080175
Web:
www.dacoruna.gal/biblioteca