Entrega dos premios #140enpositivo 2021

Publicado el

Xa temos ás gañadoras do concurso #140enpositivo!

Ante todo, o xurado destaca a calidade e a creatividade de todos os traballos presentados, moitos deles tratando de relacionar as mensaxes positivas co momento de pandemia que vivimos, noutros casos fomentando a lectura como terapia, outros ofrecendo frases motivadoras para todas as persoas que pasen horas complicadas… Desde a Biblioteca agradecemos o esforzo a todas as persoas participantes.

 

 

 

Dos 25 traballos presentados na CATEGORÍA 1 (MÁIS  DE 15 ANOS) foron gañadoras dos premios do IX Concurso Literario “#140enpositivo” as seguintes mensaxes:

 

 

1º PREMIO.  CATEGORÍA 1 ADULTOS

 

“Que chove? Busca arcos da vella.

Que está escuro? Xoga coas tebras.

Que apreta o sol? Ponte morena.

Que se fai de noite? Busca as estrelas!”

 

da que é autora Laura Rodríguez Manso.

 

2º PREMIO. CATEGORÍA 1 ADULTOS

 

“Que a curiosidade che impulse a saber e aprender cada día.

Que fronte á maldade despregues sempre a túa bondade.

Que nunca che falte unha estrela que brille e che marabille.

Porque sempre queiras ser mellor persoa que levar coroa.”

 

da que é autora  Laura Baña Barcia.

 

3º PREMIO. CATEGORÍA 1 ADULTOS

“‪Sen vento

a calma adormece.

Sen escuridade

a luz languidece.

Sen ritmo

a música entumece.

Sen risa

o humor desaparece.

Sen nós

a historia enmudece.

Por iso,

mergullémonos no zume  acedo e doce da vida.

Sen medo”.

 

da que é autora  María Arcos Cebreiro.

 

SEGUNDO:

Dos 17 traballos presentados na CATEGORÍA 2 (DE 8 A 14 ANOS) foron gañadoras dos premios do IX Concurso Literario “#140enpositivo” as seguintes mensaxes:

 

1º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL

 

“Este é un rap da lectura:

 

Érase unha vez un gato

Que un día atopou un zapato.

Sabes cal é o final?

Non cho vou contar.

Pode ser triste ou alegre,

mesmo pode ter suspense.

Xa sei que para algúns leer é aburrido

pero aprendes moito e é moi entretido! ”

 

da que é autora  Alicia Romero Prado.

 

2º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL

“O teu sorriso é a vacina que inmuniza contra a tristeza.”

da que é autora Ada Maceiras Álvarez.

 

3º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL

 

“Esta canción va sobre la motivación:

 

Te motivo para que sigas leyendo.

Te motivo para que sigas contento.

Te motivo para que no tengas miedo.

Te motivo para que sigas aprendiendo.

Te motivo para que sigas sonriendo.

Te motivo para que superes esto.”

 

da que é autora Paula Romero Prado.

 

Este xoves ás 13:00 h na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca, teremos o acto de entrega dos premios #140enpositivo. Durante o acto leranse os traballos galardoados e a acta do xurado. Por motivos sanitarios, nesta edición o acto vai estar aberto só aos gañadores.

A continuación expoñeranse todos os traballos que participaron nos tablóns da Biblioteca para que poidamos inspirarnos e motivarnos coas frases positivas participantes.

Podedes ler todos os traballos participantes aquí: Traballos do IX Concurso 140enpositivo 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *