Encontro literario virtual con María Canosa

Publicado el

 

 

Como sabes, no club de lectura virtual EbiblioDaCoruna estamos lendo e comentando estes días «O lado do que dormes», de María Canosa. Grazas á colaboración da autora, anunciámosche que o mércores 8 de xullo ás 20:00 h teremos un encontro virtual con ela no Club, no que lle poderás plantexar dúbidas, cuestións, comentarios e sensacións que che deixou o libro.

Como entro no Club?

OPCIÓN A. Xa utilizo habitualmente a EbiblioDaCoruna.

Se xa es usuario ou usuaria da plataforma EbiblioDaCoruna, podes entrar directamente no club coas túas claves. Segue as indicacións  que atoparás no apartado que aparece máis abaixo «Como podo participar no encontro?»

 

OPCIÓN B. Non son usuario/a da EbiblioDaCoruna.

Se aínda non empregas a plataforma EbiblioDaCoruna, segue os pasos que che indicamos a continuación:

1º Na seguinte ligazón atoparás a solicitude que nos deberás remitir cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal: SOLICITUDE DE ALTA e chegarache unha mensaxe ao teu correo electrónico para que establezas o teu contrasinal.

2º Unha vez que teñas as claves (o usuario é o teu correo electrónico, e o contrasinal o que estableceras no paso anterior), xa podes entrar no club AQUÍ

 

Como podo participar no encontro?

1º Inicia sesión no club coas túas claves (arriba á dereita).

 

2º Preme enriba da sala onde se está a ler O lado do que dormes, que se denomina «Arredor dos libros», e dalle a «Seguir».

 

3º Entra e preme na pestana «Chat». O día 8 ás 20:00 h estaremos todos conectados para comentar o libro no chat en directo. Ten as túas preguntas preparadas! O encontro estará conducido pola nosa moderadora Patricia, especialista en lingua e literatura galega e castelá.

 

Dúbidas…

Se tes dúbidas sobre o funcionamento do club, podes atopar máis información aquí

E unha guía rápida do club aquí

Se aínda non liches o libro e queres asistir ao encontro, non te preocupes! Podes tomalo prestado desde o propio club, na pestana «Lecturas», e lelo de aquí ao mércores. Non te preocupes que che da tempo!

 

E se tes calquera outra cuestión, non dubides en preguntarnos escribíndonos a biblioteca.info@dacoruna.gal

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *