Uns minutos na BD: Elas, de Aurora Marco

Publicado el

Para rematar esta serie de vídeos sobre xoias da Biblioteca que sacamos esta semana para conmemorar o Día das Bibliotecas, traémosvos esta compilación de biografías de mulleres galegas realizado por Aurora Marco, xa un clásico.

Aínda que Aurora é aragonesa, é doutora en Filosofía e letras pola Universidade de Santiago, onde vive. Pertence á asociación para igualdade de xénero e a cultura Clásicas y Modernas.

Esta obra publicouna tras un longo traballo de investigación co nome de “Elas”, onde recolle mulleres de tódalas épocas, desde o século IV ata o XX.

Este é o exemplar número 133 dunha tirada de só 155, e ademáis acompañado de serigrafías asinadas por artistas mulleres como Chelo Rodríguez, María Xesús Díaz, Sabela Arias Castro, Irene Silva Xiráldez, etc.

Esta coidada edición preséntase nun elegante estuche, e podedes consultala coa sinatura RA/246.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *