Eduardo Pondal (1835- 1917) o poeta e o seu tempo

Publicado el

 

Comezamos febreiro recordando o centenario do pasamento desta figura tan senlleira para a historia da cultura galega, EDUARDO PONDAL ABENTE (1835- 1917) no que non podemos deixar pasar a oportunidade de achegarnos á súa obra e o seu legado. A nosa contribución, ás numerosas celebracións que este ano terán lugar, materializase nesta mostra bibliográfica.

 

«Eu nacín en agreste soedade,

eu nacín cabo dun agreste outeiro

por onde o Anllóns con nobre maxestade

camiña ao seu destino derradeiro.»

 Eduardo Pondal

A través da selección de obras efectuada, pretendemos dar unha visión xeral non só do poeta e da súa obra, se non tamén do contexto socio-político que o rodea e do que participa activamente. Así pois, alén de expoñer os diferentes resultados do xenio creador de Pondal tamén se presentan elementos de especial relevancia para entender o século XIX en Galicia (caso concreto que nos ocupa) pero tamén nun senso máis xeral e común a contextos internacionais.

Pondal, poeta oficial do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica…

[…]En 1890, a comisión de festexos da Coruña encárgalle ao ‘Orfeón Coruñés Número 4’, recén galardoado no Certame da Exposición Universal de París, que organice os actos musicais das festas. Estes consistiran en dous eventos, un Certame Musical e mais un Certame de Gaitas, Murgas e Flautas de Aldea, que rematasen nun gran Festival que tería lugar na antiga Praza de Touros coruñesa.

Previamente á publicación das Bases do Certame, Pascual Veiga, como organizador, tiña que

conseguir os textos poéticos para os dous apartados de «Marcha Regional Gallega» e «Balada». Para a «Marcha Rexional Galega», Pascual Veiga pensou na figura máis sobranceira, na altura de 1890, do mundo da creación poética galega: Eduardo Pondal.

 

Guía de lectura da Mostra Bibliográfica:
Eduardo pondal (1835 1917). Exposición bibliográfica na Biblioteca Provincial da Coruña from Bibliotecadicoruna
Imaxes da mostra:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *