Día do Deseño Gráfico

Publicado el

Hoxe, día 27 celébrase o día do Deseño Gráfico. Unha disciplina que non é nova, pero que cada vez ten unha maior presencia no día a día. Moitas veces no se teñen claros os seus límites e o deseño confúndese con outras disciplinas cas que comparte ámbito e cas que interactúa. Algúns exemplos son a fotografía, cartelería, animación, ilustración…

Grosso modo, podemos definir o deseño gráfico como aquela disciplina que trata de comunicar unha mensaxe mediante o visual, mediante o uso da imaxe, vídeo e elementos textuais, e así, dar a coñecer e publicitar produtos, servizos e marcas.

Os deseñadores gráficos dedícanse a elaborar deseños creativos para comunicar mensaxes ou ideas concretas dunha maneira única que atraia a atención de quen o vexa.

Deben ser creativos, imaxinativos, organizados… pero tamén deben ter a capacidade de xerar ideas orixinais, comprender e estructurar as cores, formas e estruturas dunha maneira tal que se consiga crear un deseño que sexa capaz de transmitir unha mensaxe e aflorar emocións ó vela. É decir, son especialistas na configuración de mensaxes visuais. Hoxe en día están moi axudados polas novas tecnoloxías informáticas de deseño que están en constante evolución, polo que un bo profesional tamén o ha de estar.

Un deseñador gráfico, está detrás da creación de cubertas de libros, CD, folletos, pósters, logotipos empresariais, catálogos, deseños web, tarxetas personalizadas…, pero tamén está detrás da creación de material audiovisual, vídeos ou curtos visuais con movemento coñecidos como motion graphics. Outro do traballo que realizan é o denominado packaging, que é o deseño publicitario en envases.

Se estás interesado ou te animas a iniciarte nesta disciplina, non dubides en consultar títulos como os que están presentes na EbiblioDaCoruna:

 

 

 

 

Aprender retoque fotográfico con Photoshop CS6 con 100 ejercicios prácticos / MEDIAactive

 

 

 

 

 

 

 

 

 

101 consejos de fotografía para principiantes / Estudio FotoArte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía y arquitectura en el siglo XIX / Pérez Gallardo, Helena

 

 

 

 

 

 

 

 

La cámara de Pandora: la fotografí@ después de la fotografía / Fontcuberta, Joan

 

 

 

 

 

 

Descubre máis contidos na EbiblioDaCoruna

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *