Día das Letras Galegas 2021

Publicado el

Por fin se vai achegando o día de conmemoración das Letras Galegas 2021, que esta vez volve á normalidade despois de que o ano pasado se retrasara a celebración da data pola pandemia. A Real Academia Galega, xunto con outras moitas entidades públicas e privadas, únense para louvar a obra da tradutora, editora e poeta Xela Arias, homenaxeada este ano.

Por exemplo, no micrositio da Real Academia Galega sobre as Letras podedes atopar un documental en 6 episodios «Xela Arias. A palabra esgazada», a súa biografía escrita por Ana Romaní, un artigo sobre a súa obra por Marilar Aleixandre, e moitos máis materiais para coñecer de preto á autora. Podes acceder premendo aquí.

 

Desde a páxina da Xunta de Galicia tamén se pode acceder a unha nota de prensa que recolle as actividades levadas a cabo polo Consello da Cultura e outras entidades durante estes días. Accede a toda a información premendo aquí, ou descarga o programa de actividades aquí.

 

Pola nosa banda, desde a Biblioteca da Deputación levamos a cabo varias accións para conmemorar convosco esta homenaxe a Xela Arias, que compilamos a continuación:

 

Felicitación do Día das Letras Galegas

O ano pasado no contexto da pandemia, comezamos a sumarnos a esta iniciativa de contar e expresarnos a través de títulos de libros, e despois de varias iniciativas vemos que as mensaxes que construímos a través dos títulos literarios permiten poñer de manifesto as ideas e ao mesmo tempo dar ideas de lecturas e animar á lectura. Polo que a felicitación que creamos para este día, vai ser novamente a través dunha composición con títulos do fondo da Biblioteca. Podedes vela no YouTube ou aquí, feliz día!

 

 

BookFaceFriday a Xela Arias

Desde fai ano e medio publicamos todos os venres un BookFaceFriday, unha iniciativa para recomendar libros que naceu a través das redes sociais, e que consiste en combinar unha portada dun libro co corpo dunha persoa. O venres 14 non podía estar dedicada a outra persoa máis que a Xela Arias.

 

«Denuncia do equilibrio» no Club de lectura dixital

No EbiblioDaCoruna Club, o club de lectura dixital, estaremos lendo e comentando desde o vindeiro luns día 10, o libro de poesía «Denuncia do equilibrio» de Xela Arias. Lembra que podes unirte de balde ao club coas túas claves de préstamo dixital, e se non as tes, date de alta no servizo premendo aquí.

Non precisas ter o libro, porque pódelo prestar de balde desde o propio Club, unha vez que te deas de alta.

 

Obradoiro de plastilina Xela Arias

No obradoiro desta semana imos facer unha boneca de Xela Arias. A galardoada polas Letras Galegas 2021 tiña que ser, sí ou sí, a prota do obradoiro desta semana. Os materiais necesarios para facer a boneca son os seguintes:

O resultado vai ser o seguinte:

O venres colgaremos o vídeo co titorial para facer a Xela Arias, tanto no YouTube, como nas redes sociais, e aquí mesmo.

 

Carrusel de lecturas das letras na EbiblioDaCoruna

Na biblioteca dixital EbiblioDaCoruna poderás atopar unha selección de lecturas da galardoada este ano, Xela Arias, do ano pasado, Ricardo Carvalho Calero, e de edicións pasadas. Mergúllate nas mellores páxinas das nosas Letras!

 

 

As Letras Galegas na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

A sala da biblioteca donada por este matrimonio acolle pezas de literatura de tódalas partes do mundo, e un rico fondo con libros dedicados polos persoeiros máis destacados da literatura mundial. Entre toda esta literatura, ocupa unha parte moi importante a galega, polo que aproveitamos a conmemoración para facer un percorrido por tódalas escritoras galardoadas no Día Das Letras Galegas ao longo dos anos na vitrina do vestíbulo dedicada a esta sala. Aproveita que ves á Biblio para botarlle un ollo!

 

Guía das Letras da Biblioteca Infantil e Xuvenil

A sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca preparou unha guía que recolle o nome de todas as persoas homenaxeadas ao longo dos anos, explicando ademáis por qué se celebra o 17 de maio e con unha pequena reseña sobre a figura literaria deste ano, Xela Arias. Podes consultala aquí: Letras Galegas 2021. Guía da Biblioteca Infantil e Xuvenil

 

Xela Arias na BBTK Infantil

A BBTK Infantil preparou un cartel ben bonito con unha sopa de letras feito a partir do abecedario, que podes ver na fotografía a continuación. Podes descargalo en pdf premendo aquí.

Ademáis, elaborou unha composición cos títulos da autora e a portada do libro da autora dispoñible na sección, «Non te amola». Non o perdas e pasa a por él! Podes ver a composición na seguinte imaxe ou descargala premendo aquí.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *