Día das Escritoras

Publicado el
A BNE celebra o 19 de outubro a quinta edición do Día das Escritoras, que organiza en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas para reivindicar o traballo e o legado das escritoras ao longo da historia.
Ao mesmo tempo, con motivo desta data celébrase nas redes sociais durante todo o mes de outubro a iniciativa #LeoAutorasOct, que xurdiu dun grupo de twitteiras ao atopar grande desigualdade entre o número de escritores e escritras que se lían ao ano. Decidiron así que desde as redes sociais incitarían a que neste mes de outubro se lese só escritoras. Podes seguir a iniciativa no Twitter no perfil @leoautoras. Ademais lanzaron un reto lector para esta edición de 2020: ler unha obra dunha autora do teu país, un poemario, unha obra dunha autora trans, unha obra dun xénero que non leas habitualmente, unha obra sobre saúde mental ou dunha autora psiquiatrizada, unha obra dunha autora negra, unha obra sobre ciencia ou donde esta teña un papel principal, unha obra de literatura xuvenil e unha obra de menos de 100 páxinas. Anímaste?
Pola nosa banda, durante dúas semanas a partir de hoxe, Día das Escritoras, promocionaremos a unha escritora da nosa provincia, a través dun título e unha pequena cita cada día. Podes ver as recomendacións na Axenda da páxina web e nas redes sociais da Biblioteca.
Animámoste a seguir a iniciativa lendo a escritoras, pero non só todo o mes, senón incluso todo o ano. Recomendamos especialmente ás autoras activas da nosa provincia: Lucía Aldao, María Solar, Rosa Aneiros, Inma López Silva, Emma Pedreira, Rosalía Fernández Rial, María do Cebreiro, Yolanda Castaño, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa… e tantas outras creadoras!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *